Comedor escolar

Campaña sobre o consumo de peixe

Un ano máis desenvólvese no noso centro a campaña "O sabor da aventura está no mar". Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar o consumo de peixe fresco nos escolares dos centros de ensino público. Esta iniciativa comprende dúas liñas de acción: unha representación teatral e a degustación semanal de diferentes pratos de peixe e marisco.

O pasado venres, 4 de novembro, os alumnos puideron asistir a unha pequena representación teatral na que se lles transmitiu coñecementos sobre o mundo do peixe e o marisco recalcando a importancia da presencia destes produtos na súa alimentación. Se queredes podes ir á galería de imaxes para ver algunhas fotografías.

Hai dispoñibles diferentes unidades didácticas para os tres ciclos de primaria.

1º ciclo

2º ciclo

3º ciclo

Menús saudables

 

O servizo de comedor é fundamental no noso centro xa que nos proporciona a oportunidade de traballar hábitos de saúde e hixiene, así como tamén valores de cooperación e solidaridade.

Os menús, deseñados seguindo os principios dunha alimentación saudable, son elaborados na cociña do noso centro que conta cun amplo equipamento.

Unha gran parte dos profesores do Centro fan uso do comedor, sendo os encargados da súa vixilancia mediante a rotación de quendas.

 

Na seguinte ligazón pódese descargar información sobre aspectos nutricionais facilitados polo Departamento de Pediatría da Universidade de Santiago.

Menús saudables no comedor escolar

Distribuir contido