Campaña sobre o consumo de peixe
Un ano máis desenvólvese no noso centro a campaña "O sabor da aventura está no mar". Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar o consumo de peixe fresco nos escolares dos centros de ensino público. Esta iniciativa comprende dúas liñas de acción: unha representación teatral e a degustación semanal de diferentes pratos de peixe e marisco.
O pasado venres, 4 de novembro, os alumnos puideron asistir a unha pequena representación teatral na que se lles transmitiu coñecementos sobre o mundo do peixe e o marisco recalcando a importancia da presencia destes produtos na súa alimentación. Se queredes podes ir á galería de imaxes para ver algunhas fotografías.
Hai dispoñibles diferentes unidades didácticas para os tres ciclos de primaria. |