5º Curso
Estampacións de follas naturais
Na clase de Plástica realizamos estas bonitas láminas coa técnica da estampación, que consiste na impresión sobre o papel empregando follas naturais de distintas formas e cores, para o que empregamos témperas e cartolinas brancas. Despois de deixalas secar, colocámolas na porta da aula como decoración.
O herbario de 5º
Presentámosvos o proxecto que levamos a cabo durante estes dous últimos meses e que se titula "O herbario de 5º".
A comezos do curso decidimos realizar un ficheiro de plantas, polo que recollemos follas de distintas árbores e plantas.
Para secalas, colocámolas en follas de xornais e metémolas dentro de libros. Así estiveron varias semanas.
Logo, decidimos organizarnos en grupos para buscar información sobre cada planta. Esa nfomación recollémola en fichas coas que elaboramos o noso herbario ou ficheiro de plantas.
Este grupo foi o encargado de elaborar as fichas da: aucuba, figueira, espiño e tulla.
Este grupo encargouse do carballo, o fento e a hortensia.
Este outro grupo elaborou a ficha da oliveira, do pradairo e da roseira.
Castro de Saa
O pasado 28 de setembro visitamos o Castro de Saa, situado no noso concello, onde se está realizando unha escavación arqueolóxica.
No cartel que vos presentamos recóllense as fotografías da nosa visita, así como unha descrición do que alí vimos e das características do castro.
No seguinte enlace pódese acceder á noticia que se publicou no xornal El Progreso con motivo da nosa visita: El Progreso