Situación do Concello de A Pastoriza

 
O concello de A Pastoriza atópase no extremo nororiental da Bisbarra de A Terra Chá, conformando, unha extensa plataforma lisa, salpicada de leves ondulacións e, formada sobre unha base granítica recuberta na súa maior parte por mantos do Cuaternario.

Polo que se refire á altitude, esta ascende cara ao Norte - no Cordal de Neda e no comezo da Serra de Lourenzá-, e tamén cara ao Leste, onde se atopan as últimas estribacións da Serra de Meira e da de Pousadoiro, con cotas máximas que roldan os 700 e 800 metros. Esta orla montañosa establece a divisoria de augas entre os ríos que desembocan no Cantábrico e a cunca do Miño, descendendo dela numerosos cursos fluviais secundarios que surcan o municipio de Norte a Sur, buscando o máis importante dos ríos galegos.

Superficie: 175'1 Km2.
Montes: Monte Redondo (596 m.); Alto de Carricei (558 m.); Fonmiñá (543 m.); Monte Pereiro (658 m.); Gueimonde (612 m.); A Granda (501 m.); Montes de Neda (798 m.); Forneiros (787 m.); Alto dá Igrexa 787 m.); Pedras Brancas (779 m.); Pedras Pardas (712 m.); Porto Marful (730 m.).
Ríos: Miño, Batán, Xemil, Bucerrei, Lagoa, Úbeda, Madalena e Río Pequeno, Vián, Miñotelo.
Regueiros: A Casería, San Cudrea, Portocelo, Meira Longo, A Fraga, O Porto, Teijos, Cabadas.

Distribuir contido