Estimadas familias:
Comentarvos que este curso continuamos co: Proxecto de vida activa e deportiva, que se leva a cabo con todo o alumnado, dende infantil a primaria. Consideramos importante, que o alumnado entre 3 e 12 anos, adquirira hábitos alimenticios e deportivos axeitados, polo que o claustro proponvos unhas parvas para cada día da semana.
A maiores, para 5º e 6º de primaria, solicitamos o Plan Director, no que a Garda civil, dará unhas charlas ao alumnado de terceiro ciclo de primaria, sobre a temática do emprego e seguridade das redes sociais e o acoso e ciberacoso.
En archivo adxunto, deixámosvos exemplo do que poden traer os vos@s fill@s para merendar o cole, de luns a venres.
Unha aperta
O equipo directivo