Skip to Content

EXPOSICIÓN DE BOCETOS

Na entrada do colexio temos unha exposición de bocetos  feitos en plástica polos alumnos/as do 2º e 3º ciclo inspirados nos pintores franceses de comic e pop-art , seguindo as pautas dos mestres Xoán e Fernando; podédela visitar e ver as maravillosas obras de arte que sairon.

     

Comentarios

Os nosos cadros

Ola a todos e a todas. Alégrome de que miredes os nosos cadros. Pero tedes que ter en conta que sen a axuda dos profes Fernando e Xoán non teriamos feita cousa semellante. Como vedes, esas imaxes as que lles votachedes unha ollada son a exposición de todos os cadros que fixemos durante varias semanas. Nós mesmos lles puxemos os nomes ao cadro que era noso. Se podedes ampliar as imaxes, nunha delas veredes a un ″bebé″chorando, con fondo no que aparecen pantasmas saíndo dun xarrón roxo e de fondo azul e amarelo. Ese é o meu. Pero todos están moi chulos. En fin, espero que vos guste moito. Un atento saúdo Mariña 5°



page | by Dr. Radut