Skip to Content

Taller plástica

DECORAMOS AS CORTINAS DA BIBLIOTECA.

Ca axuda do mestre Xoán estamos decorando as cortinas da biblioteca para que quede máis fermosa e acolledora.

   

PUM, PUM, UN CONTO CHAMA A TÚA PORTA.

Durante este curso estivemos  inmersos nun seminario que nos serviu para decorar as portas do 1º andar do colexio con ilustracións de contos que cada aula elexiu, para iso usamos diferentes técnicas nas que contamos có asesoramento do profe Xoan. Tamén o relacionamos ca biblioteca e o fomento da lectura.

Esperamos que vos gusten estas obras de arte.

   

 "O RATO PACO" - Aula de 3 anos.

   

"O COELLIÑO BRANCO" - Aula de 4 e 5 anos

 

"O PRINCIPIÑO" - Aula de 1º E.P.

   

"A QUE SABE A LÚA?" - Aula de 2º E.P.

   

"OS DE ARRIBA E OS DE ABAIXO" - 4º E.P.

 

 

 

OBRAS DE ARTE CON LIBROS.

Os alumnos/as do 3º ciclo crearon auténticas obras de arte con libros, con axuda do profe Juan. Utilizaron diversas técnicas plásticas, para conseguir estas belezas que nada teñen que envexar ós que viron nunha exposición que viron a principios de curso no Concello.

     
     

EXPOSICIÓN DE BOCETOS

Na entrada do colexio temos unha exposición de bocetos  feitos en plástica polos alumnos/as do 2º e 3º ciclo inspirados nos pintores franceses de comic e pop-art , seguindo as pautas dos mestres Xoán e Fernando; podédela visitar e ver as maravillosas obras de arte que sairon.

     

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NO RAMO

Con motivo da celebración das Letras Galegas, os mestres Fernando e Xoán realizaron unha fermosa alfombra que os nenos e nenas do centro encheron con serrín tinguido, borras de café, flores..e moita paciencia, pero, verdade que lles quedou preciosa?

     

Ademais da alfombra, realizouse o maio, coa axuda das mestras Rosa e Paula e a colaboración de tódolos alumnos do centro.O venres 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas cun festival no que se recitaron poemas,cantigas, bailes..Se queres ver máis fotos desta actividade vai á galería.

     

UNHA APROXIMACIÓN AO GUERNICA

O curso 2007/08 iniciamos un traballo sobre os bocetos que Picasso fixo dos personaxes do Guernica. Nesta actividade  participaron os alumnos/as de 2º e 3º Ciclo. 

Guernica

No taller de plástica andamos a facer O Guernica de Picasso

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut