Dende hai uns días estivemos preparando este mural conmemorativo do Día da Paz. Cada neno-a pintou a súa botella e pensou nunha mensaxe para poñer dentro dela. Despois tirouna ao mar ( mural) á espera de que chegue aos compañeiros que a lean. Tamén imos meter outra nunha de verdade e lanzarémola ao mar para ver si alguén a atopa e se comunica con nós dicíndonos ata onde chegou.