O pasado día 22 de outubro o alumnado de 1º e 3º de Primaria fixemos esta saída. Nesta granxa vimos vacas, xatos, burros e cans (estes últimos eran mastíns moi grandes para protexelas do lobo).
Amosáronos o centro de envasado do leite pasteurizado que despois venden nas tendas e supermercados e tamén visitamos as cortes dos xatos pequenos e outra coas vacas enfermas ou recén paridas. Leváronos ao prado onde pacían tranquilamente e... finalmente chegou a hora da degustación dos seus produtos: leite e iogur. Estaban riquísimosssss!
Como había que xantar, dirixímonos a un castelo medieval en San Paio de Narla onde as guías nos contaron cousas interesantísimas doutra época. Aquí vimos armas moi curiosas, unha cociña tradicional galega, utensilios raros...Gustounos moito!!!