Skip to Content

Día da Paz

O luns 30 conmemorouse o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Desde o centro, realizaronse varias actividades. Unha delas está encadrada dentro do Programa Reto e tiña como obxectivo crear un campo de papopulas no que se reflectisen tanto aquelas cousas que nos fan félices coma aqueloutras que nos preocupan.

Velaquí un vídeo no que aparecen todos os centros que participamos neste programa.

Despois diso, leuse o Decálogo da Paz no que participou alumnado de todos os cursos.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

Apadriñamentos lectores

Durante este curso, estamos realizando os Apadriñamentos lectores. Esta actividade consiste en que os maiores, unha vez á semana, lles len un conto aos máis pequenos durante a Hora de ler

Encántalles compartir lecturas. Mirade as imaxes.

Recíclate con Sogama

Durante este curso estamos moi concienciados sobre a reciclaxe e o coidado do medioambiente. Por iso, Sogama propoporcionounos varios recolectores de lixo e, así, axudarnos nesta labor.

              

Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta - Recíclate con Sogama.

 

 

Plan Director

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria contaron coa visita de Sergio, o Garda Civil, que lles falou sobre a ciberseguridade e o acoso escolar.

Merendas saudables

Enmarcado dentro do Contrato - Programa de EDUSAÚDE, queremos promover que o alumnado traia merendas saudables á escola. Por iso, vos deixamos este tríptico con algunhas ideas.

RECÍCLATE CON SOGAMA

O mércores 18, o alumnado de 5º de Educación Primaria tivo a visita de Sogama. Durante a charla, o alumnado puido aprender a separar os residuos para a súa posterior reciclaxe. Ademais, nas vindeiras semanas, eles e elas serán os encargados de transmitir eses coñecementos ao resto do alumnado do centro.

Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta - Recíclate con Sogama.

 

O xornal de La Voz de Galicia fíxose eco desta actividade. Premede sobre a imaxe para ver toda a información completa.

Un corazón a flor de pel

O pasado martes 17 recibimos a visita de CAXOTO de "A trastenda dos contos". 

Con el, os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria, gozaron da función de "Un corazón a flor de pel" a través da cal coñecemos varias das nosas emocións. 

Velquí algunhas imaxes da xornada!

Está actividade está encadrada dentro do CONTRATO-PROGRAMA de EMOCIÓNTE.

 

RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN CURSO 2023/2024

 

As familias que queiran que o/a seu/súa fillo/a estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Plurilingüe Pedra da Aguia (Ponte do Porto), centro de adscrición do CEIP O Areal (Camariñas), terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 16 de xaneiro ao 6 de febreiro nalgunha das seguintes formas:

1. Na aplicación admisionalumnado. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

2. Na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Na secretaría do CEIP O Areal (axúntase o modelo que se debe cubrir).

As familias que queiran que o/a seu/súa fillo/a estude noutro centro distinto, terán que entregar a solicitude de admisión de praza do día 1 ao 21 de marzo. 

 

Lexislación aplicable:

- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro

- Orde do 21 de outubro de 2022

Charlas NATURÉZATE

O pasado martes tivemos unha serie de charlas que nos achegaron ao coñecemento da biodiversidade galega. Estas están encadradas dentro do Plan Proxecta - Naturézate.

Foron moi interesantes!

Felicitación de Nadal

Durante os últimos días fixemos moitas cousas vencelladas co Nadal: obradoiros de manualidades, fomos patinar, celebramos a lotería e as badaladas e, ademais, deunos tempo a crear esta felicitación de Nadal para todos vós. 

Agardamos que vos guste!

Bo Nadal para toda a comunidade educativa!

Distribuir contido


by Dr. Radut