Skip to Content

Xoguetes reciclados

O pasado mes de novembro conmemorouse o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e, un destes deles é o dereito a xogar. Por iso, nós festexámolo creando xoguetes con materiais de refugallo que agora nos serven para divertirnos e xogar entre todos.

Esta actividade encádrase dentro dos Plans Proxecta (Recíclate con Sogama, Naturézate e Escola Verde), así como no PDI do centro sobre o Coidado do Medioambiente.

 

Maqueta de Camariñas

O alumnado de 2º de Educación Primaria traballou a localidade. E que mellor maneira de entender este concepto que creando unha maqueta da vila de Camariñas.

Para a súa elaboración, empregraron material de refugallo co cal crearon os recunchos máis característicos da vila: o porto, o faro, as rúas...

Esta actividade encádrase dentro dos Plans Proxecta (Recíclate con Sogama, Naturézate e Escola Verde), así como no PDI do centro sobre o Coidado do Medioambiente.

Talleres APIARIO

O pasado venres 3 de febreiro, o alumnado de Infantil e de 5º e 6º de Educación Primaria participou nuns talleres organizados por APIARIO.

Para Infantil o taller escollido foi "Branco non pinta". Neste traballaron as diferentes emocións que espertan as cores abordadas desde un xeito poético. Mentres que o alumnado de 5º e 6º de Primaria realizaron o taller de "Quen ten medo á poesía?" no cal debatiron sobre os seus propios medos e como poden ser vencidos a través da creación artística.

Mirade que ben o pasaron!

Esta actividade encádrase dentro do Contrato-Programa de EMOCIÓNA-T.

 

Maquetas Cambio Climático

O alumnado de 6º estudou o cambio climático e todas as implicacións que iso supón no noso día a día. Uns coñecementos que plasmaron nas maquetas que podedes ver a continuación. Todas elas están elaboradas usando material de refugallo.

Esta actividade encádrase dentro dos Plans Proxecta (Recíclate con Sogama, Naturézate e Escola Verde), así como no PDI do centro sobre o Coidado do Medioambiente.

Día da Paz

O luns 30 conmemorouse o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Desde o centro, realizaronse varias actividades. Unha delas está encadrada dentro do Programa Reto e tiña como obxectivo crear un campo de papopulas no que se reflectisen tanto aquelas cousas que nos fan félices coma aqueloutras que nos preocupan.

Velaquí un vídeo no que aparecen todos os centros que participamos neste programa.

Despois diso, leuse o Decálogo da Paz no que participou alumnado de todos os cursos.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

Apadriñamentos lectores

Durante este curso, estamos realizando os Apadriñamentos lectores. Esta actividade consiste en que os maiores, unha vez á semana, lles len un conto aos máis pequenos durante a Hora de ler

Encántalles compartir lecturas. Mirade as imaxes.

Recíclate con Sogama

Durante este curso estamos moi concienciados sobre a reciclaxe e o coidado do medioambiente. Por iso, Sogama propoporcionounos varios recolectores de lixo e, así, axudarnos nesta labor.

              

Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta - Recíclate con Sogama.

 

 

Plan Director

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria contaron coa visita de Sergio, o Garda Civil, que lles falou sobre a ciberseguridade e o acoso escolar.

Merendas saudables

Enmarcado dentro do Contrato - Programa de EDUSAÚDE, queremos promover que o alumnado traia merendas saudables á escola. Por iso, vos deixamos este tríptico con algunhas ideas.

RECÍCLATE CON SOGAMA

O mércores 18, o alumnado de 5º de Educación Primaria tivo a visita de Sogama. Durante a charla, o alumnado puido aprender a separar os residuos para a súa posterior reciclaxe. Ademais, nas vindeiras semanas, eles e elas serán os encargados de transmitir eses coñecementos ao resto do alumnado do centro.

Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta - Recíclate con Sogama.

 

O xornal de La Voz de Galicia fíxose eco desta actividade. Premede sobre a imaxe para ver toda a información completa.

Distribuir contido


by Dr. Radut