Skip to Content

CARTEIS CONCURSO SOGAMA

Enmarcado dentro do Plan Proxecta de Recíclate con Sogama, o alumnado elaborou uns carteis animándonos a todos e todas a reciclar. 

 

Charlas CEMMA

Durante as últimas dúas semanas, tivemos a sorte de contar con diferentes murais que nos falaban dos mamíferos mariños, os cales foron cedidos pola CEMMA. Esta actividade rematou hoxe cunha serie de charlas impartidas por dita ONG e na que participou o alumnado de todos os cursos.

Esta actividade encádrase dentro do PDI do centro e dos Plans Proxecta.

Día da Árbore

O día 21 conmemorouse o Día da Árbore e, no colexio, festexámolo plantando varias árbores. Agardamos que crezan moito e pronto nos dean foitas.

 

Reciclaxe Arioil

Desde hoxe, o CEIP O AREAL participa nunha iniciativa de reciclaxe de aceite usado de cociña chamada BIOESCOLAS. Trátase dunha actividade de reciclaxe dirixida ao alumnado de centros escolares de Galicia. 

O funcionamento é o seguinte:

- O alumnado poderá traer o aceite usado de cociña das súas casas nunha botella de plástico pechada e depositalo no contedor específico situado na entrada do colexio.

- Este aceite recollido terá un retorno económico para as actividades, material... do alumnado.

Animádevos a participar e axudemos a coidar o medioambiente.

A Comunidade Vagalume

Seguimos traballando o tema da igualdade entre homes e mulleres. Desta ocasión, foi o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria o que puido gozar dunha sesión de contacontos da man da Asociación Visibles. O conto chamábase A Comunidade Vagalume, co que despois realizaron unha serie de actividades.

 

SEMANA DA PRENSA

Entre o 6 e o 10 de marzo, conmemorouse a Semana da Prensa. Durante eses días, o noso alumnado converteuse en xornalistas que recolleron as novas máis singulares que sucederon na súa contorna.

Todas esas novas, pódense consultar na biblioteca do centro.

MODIFICACIÓN NAS ENTRADAS E SAÍDAS

Con motivo da celebración da XXXII do Encaixe de Camariñas e a necesidade de usar as instalacións do centro por parte do concello, desde o 13 de marzo ata o 17 de abril, as entradas e saídas vanse ver alteradas quedando do seguinte xeito.

 

CHARLAS SURF

O martes o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria gozou dunha pequena formación vencellada ao surf. Todos estes coñecementos teóricos poderán poñelos práctica durante os próximos meses no mar.

8M

Para conmemorar o 8M - Día Internacional da Muller, estudamos mulleres defensoras do medioambiente. Cada aula encargouse de investigar sobre unha delas e, hoxe, puxemólas en común. 

Podedes ver todas as láminas nas portas de entrada da escola.

Ademais, o alumnado de 5º e 6º visionou unha película (Skater Girl) sobre a cal fixo despois unha reflexión. Esta actividade foi promovida pola área de igualdade do Concello.

SAÍDA Á CORUÑA

Fai uns días, todo o alumnado de primaria realizou unha excursión a A Coruña. Todos eles visitaron a exposición fotográfica de MEISEL e, despois, algúns foron ao acuario e outros foron visitar diferentes lugares da cidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut