O club de Patinaxe Ribex de Tui,
clasificado para o campionato de Europa
O Club de patinaxe Ribex de Tui, que ven de participar o pasado fin de semana 1 e 2 de Marzo no Campionato de España, acadou a Clasificación para participar no vindeiro Campionato de Europa, que terá lugar en Italia o vindeiro 26 e 27 de Xuño.
Un gran éxito das patinadoras tudenses que ven acadado o seu soño de participar nuns campionatos europeos. Os nosos parabéns ao equipo e especialmente a aquelas que foron alumnas do noso centro.
Deixámosvos o enlace ao programa de Escoita Deporte, onde Justi Peixoto entrevista a súa adestradora Carolina Figueroa.
Programa 40.- Entrevista a Carolina Figueroa, adestradora do Club Patinaxe Ribex de Tui que veñen de logar a clasificación para o Campionato de Europa.
http://www.goear.com/listen/5c07da4/programa-40-carolina-figueroa-escoita-deporte-rmt