Os remeiros do Club Remo Tui, acadan grandes resultados no Trial de Primavera de Banyoles a pasada fin de semana
Nuria Domínguez Campeona
A expedición do Club Remo Tui trasladouse esta fin de semana, ata o Lago de Banyoles en Girona, para continuar cos seus éxitos no Trial de Primavera, regata en botes curtos onde só participan remeiros con opcións a entrar na selección Española, polo que é unha regata extremadamente competitiva.
O domingo pola mañá celebráronse as finais, onde participaron Alfonso Riveiro e Diego das Dores na final C do dous sen timonel, entrando en cuarto lugar, posto 16 da xeral. Nesta final competían sobre todo remeiros con opcións a entrar na selección sub-23, que é o caso de Diego Das Dores.
Na final A da mesma categoría, participaron Jesús González e Sergio Pérez, que foron os únicos en peso lixeiro desta gran final, rematando en sexto lugar e competindo contra remeiros en peso absoluto que quedaron cuartos no mundial do ano pasado, polo que é un gran resultado, tendo en conta que os mellores remeiros do estado presentáronse nesta categoría.
E por último, as nosas chicas, coma sempre, deixándonos co mellor sabor de boca, participaron na final A do skiff absoluto feminino. Esmeralda Santos, que entraba en cuarto lugar, e Nuria Domínguez, que gañaba esta gran final, confirmando unha vez máis o seu alto nivel. Todos estes remeiros están facendo unha gran temporada, a pesar da falta de medios, como a necesidade urxente dun catro scull para poder competir no Campionato de España que se celebrará a finais de Xuño.