Skip to Content

Histórico

ALOIADA 14

 

 

 

 

PODES DESCARGAR A FICHA DE INSCRICIÓN PREMENDO AQUÍ

DEPORTE EN FAMILIA

Deporte En Familia

Muiños do Folón

O alumno Pablo Fernández de 5º A, nos deixa unha proposta moi interesante para facer deporte en familia este 3º Trimestre.

        Coa súa familia visitou os Muiños do Folón no Concello de O Rosal, unha zona Natural, no Baixo Miño, na que se atopa unha gran fila de muiños, que noutros tempos foron un motor importante da economía da zona.

        Aquí vos deixamos unhas fotos que fixo para que os poidades ver e vos animedes a visitar.

     

 

 

DEPORTE EN FAMILIA

Deporte En Familia

Muiños do Folón

O alumno Pablo Fernández de 5º A, nos deixa unha proposta moi interesante para facer deporte en familia este 3º Trimestre.

       Coa súa familia visitou os Muiños do Folón no Concello de O Rosal, unha zona Natural, no Baixo Miño, na que se atopa unha gran fila de muiños, que noutros tempos foron un motor importante da economía da zona.

         Aquí vos deixamos unhas fotos que fixo, para que poidades ver e vos animedes a visitar.

 

FÚTBOL-SALA

Finais de Futbol-sala Escolar

O Martes 3 de Xuño de 2014 tiveron lugar as finais de Futbol-sala Escolar, o Ceip Nº2 de Tui competía na categoría Benxamín, chegando ás finais como primeiro de grupo.

A encontro final foi Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui- Colex Sta Mª Maristas. O resultado final foi 5-2 a favor do noso centro, proclamandose Campeón Escolar do Curso 2013-2014 na categoría Benxamín.

Noraboa Campeóns!!!

 

REMO

Jesús González e Sergio Pérez do Club Remo Tui 4º Clasificados no Campionato de Europa de Remo

O antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Jesús González e o seu compañeiro de clube Sergio Pérez, participaron esta fin de semana no Campionato de Europa de Remo que tivo lugar en Belgrado, en Serbia. 

A súa participación foi na embarcación Catro sen timonel peso lixeiro, na que acadaron un meritorio 4º posto.

Noraboa Campeóns!

ACROSSPORT

Acrossport

Este 3º Trimestre estivemos traballando Acrossport nas clases de Educación Física, como sabedes son actividades deportivas acrobáticas de iniciación, investigamos sobre este deporte e creamos as nosas figuras. Aquí vos deixamos as nosas fotos para que vexades que algún día podemos chegar a ser acrobátas expertos.

Na nosa investigación tamén descubrimos que o mellor Circo Acrobático do Mundo é o “ Circo do Sol”. Contarvos que este circo vai estar en Santiago de Compostela do 10 ao 20 de Xullo de 2014, co espectáculo “ Dralion”. http://www.presaleslivenation.com/dralion-2014/santiago.html

 

 

 

     
     
     
     

TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL

Os alumnos de 4º e 5º do Ceip Nº2 de Tui

do equipo de Futbol do Tyde

Preparan a súa viaxe a Alemania para participar nun Torneo Internacional de Fútbol

 

       Varios alumnos do noso colexio, dos equipos alevín e Benxamín do Club de Futbol Tyde de Tui, están a preparar o Torneo Internacional de Fútbol que terá lugar en Alemania do 20 ao 22 de Xuño de 2014.

      Como parte de esa preparación Alejandro Areal e Pablo Gavín de 5ºA,e Izam Núñez, participaron este fin de semana, 31 e 1 de Xuño, no Torneo de Fútbol 8 da Illa de Arosa, onde se proclamaron 3º Clasificados.

       Noraboa a estes campeóns!

     E dende o cole desexámoslle, a todo o equipo que disfruten do mellor futbol alevín europeo. Ánimo e disfrutádeo.

 

      Aquí vos deixamos unhas fotos do ultimo torneo.

 

 

 

 

 

FÚTBOL-SALA

DEPORTE ESCOLAR

Futbol-sala Curso 13-14

Mañá Martes 3 de Xuño Terán  lugar as Finais da competición escolar de fútbol-sala, será no Pavillón Novo de Tui.

O equipo Benxamín do noso centro está clasificado para disputala, o encontró será Ceip Nº2 de Tui- Colexio Sta Mª Maristas.

O horario do partido será ás 16:00h. Teredes que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se a tiverades e chandal do mesmo.

Se tiverades calquera dúbida podedes chamar ao Tlfno:650602161

DEPORTE EN FAMILIA

Clara Pereira e Laura Castiñeira no

Ecoparque Multiaventura Marín

As Alumnas de 4º Clara Pereira e Laura Castiñeira, xunto coas súas familias, disfrutaron dos deportes de aventura no “ Ecoparque Multiaventura de Marín”.

Aquí, puxeron o seu arnés, de escalarón, pasaron por pontes colgantes,etc..

Vós deixamos unhas fotos para que vexades o ven que o pasaron. Tamén tedes un enlace a web do parque, por se queredes saber máis del e probar vós tamén.

http://www.aventurasengalicia.com/aventuras_en_galicia_actividades.php?aventurasID=49&categoriaID=2

 

 

 

BIG RIDE

Big Ride

24/25 de Maio Tui

Con motivo da Big Ride, que tivo lugar en Tui o pasado 24 e 25 de Maio, o venres 23 de Maio recibimos no noso colexio aos mellores participantes de esta edición.

Con eles aprendemos moitísimas cousas de Mountain Bike. Faláronnos das súas bicicletas e das súas experiencias neste deporte.

Descubrimos que un de estes intrépidos deportistas é tudense: Rubén Rodríguez, tamén o estiveron acompañando, o americano Ben Cruz e o francés  François Bailly.

Nas fotos que vos deixamos a continuación podedes ver o ben que o pasamos, e todo o que aprendemos. Grazas por ensinarnos tantas cousas.

Aquí vos deixamos o enlace a entrevista de Rubén Rodríguez en Escoita Deporte.

https://www.facebook.com/EscoitaDeporteRmt?fref=ts

http://www.goear.com/listen/40f37a3/programa-62-ruben-rodriguez-escoita-deporte-rmt

PATINAXE

Campionato Provincial Xogamos de Patinaxe

18 Maio 2014 Tui

 

A Alumna Patricia Muñíz e os seus compañeiros de equipo: Noelia Pérez e David Álvarez participan no Campionato Provincial Xogamos que tivo lugar en Tui o pasado 18 de Maio.

Neste Campeonato Provincial de Xogade os equipos pequenos de grupo Show e o equipo B conseguiron o primero posto en Grupos Pequenos de Primaria e Secundaria respectivamente.

Os nosos parabéns para estes grandes equipos.

Aquí vos deixamos o enlace a súa web, por se queredes saber máis: https://www.facebook.com/pages/Club-Patinaje-Artistico-Ribex/185625124808368?fref=ts

BALONMÁN 13-14

DEPORTE ESCOLAR

Balonmán 13-14

Mañá  martes día 27 de Maio, terá lugar  o Torneo de Verán de Balonmán na categoría Alevín ( 5º e 6º),  no Pavillón Municipal Novo de Tui.

O horario dos partidos será de 16:00h-19:00h.

Todos os nenos/as terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se a tiveran e chandal do mesmo.

Se tiverades calquera dúbida podedes chamar ao Tlfno:650602161

O vindeiro Mércores día 28 de Maio, terá lugar  o Torneo de Verán de Balonmán nas  Categorías Prebenxamín e Benxamín  no Pavillón Municipal Novo de Tui.

O horario dos partidos será de 16:00h-19:00h.

Todos os nenos/as terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se a tiveran e chandal do mesmo.

Se tiverades calquera dúbida podedes chamar ao Tlfno:650602161

CAMPAMENTOS URBANOS 2014

 

          COÑECE AS CONDICIÓNS XERAIS PREMENDO aquí.

          SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

 

BIG RIDE

Big Ride Tui

Tui convírtese esta fin de semana na sede de varias probas de Mountain bike. Será a Sede da Big Ride, proba na que participan numerosos deportistas importantes de esta modalidade deportiva, tanto a nivel nacional como internacional.

Mañá venres teremos aquí no cole a: Ruben Rodríguez, Ben Cruz y François Bailly. estes grandes deportistas que nos achegarán a este deporte de aventura.

Aquí vos deixamos un enlace a web da proba para que poidades investigar máis.

http://www.bigridechampionship.com/sedes/big-ride-tui.html

Distribuir contido


by Dr. Radut