Aliméntate ben

SUPERMERCADO SOSTIBLE

No centro creouse un supermercado no que se investiga sobre a alimentación saudable e non saudable, produtos procesados, as súas etiquetas  e compoñentes e  diferentes tipos de envases.

De xeito multidisciplinar o alumnado traballa na área de lingua galega e castelá cos nomes dos produtos, elaboración de receitas e a listaxe de alimentos que precisan mercar para elaboralas.

Na competencia matemática trabállase todo o relacionado con prezos, diñeiro, devolucións, sumas, restas, cálculo mental, numeración, etc.

No área de inglés traballan vocabulario básico dos produtos que se atopan no supermercado.

No área de educación física trabállase educación saudable e cales dos produtos son axeitados para o almorzo, comida, merenda e cea.