O pasado luns día 17 reuniuse o Club de Lectura de Familias e Mestras para falar da derradeira lectura deste curso: Pel de Cordeiro de Ledicia Costas.
A autora presentou o seu libro en Ourense o 28 de Maio, e como fans confesas que somos, acudimos á cita 4 integrantes do noso club para escoitala falar desta novela, e formar parte do "aquelarre" que alí se formou.
Falou dos puntos en común dos seus libros "Infamia" e "Ultraluz" con "Pel de cordeiro"
Falou tamén de como se documentou para escribir a novela, e da "violencia obstétrica" entre outras moitas cousas...
Despois de agardar un bo anaco, falamos con ela, contámoslle que lemos todos os seus libros para adultos, e inauguramos o noso club ( xa hai 3 anos) con Golpes de Luz.
.
Foi un auténtico pracer poder falar con ela e que nos asinase algún dos seus libros.
E isto formou parte da nosa reunión, para falar de "Pel de Cordeiro", na que cada quen expresou que foi o que máis e o que menos lle gustou da novela. Cal das partes lle intrigou máis... coincidimos case todas en que o comezo é bastante noxento pero ao tempo o suficientemente hipnótico para non poder deixar de ler...
Falamos de bruxas, de crenzas, de tradicións, de "medicina popular", da Virxe do Corpiño, das cousas nas que cremos ou non e de moitas cousas máis.
Tamén falamos da "violencia obstétrica" e do ben retratado que está o Hospital de Ourense, na novela. Especialmente na parte de xinecoloxía..
Coincidimos en que Ledicia Costas, ademais de escribir dun xeito engaiolante e ao tempo dunha lectura moi sinxela (porque resulta adictiva e moi moi sinxela de ler) sempre pon o punto nun tema social e de actualidade en cada unha das súas novelas.
E coma sempre rematamos cunha "merendiña" na que sempre hai café , froita e algo doce. Desta volta foi Iris a que nos sorprendeu cun prato salgado , típico da cociña Panameña que nos encantou!!! Moitísimas grazas a Iris por facernos esta delicia fresquiña e saborosa.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |