O pasado xoves día 15 tivemos reunión do Club de Lectura de Familias e Profesorado para falar da nosa última lectura: SENLLEIRAS de Antía Yáñez.
Foi unha reunión moi interesante, na que se compartiron impresións, falamos do libro, da sociedade na que vivimos ( e tamén houbo tempo para falar dalgunha nova de plena actualidade) do maltrato á muller, de que os tempos cambian pero hai cousas que permanecen...
De que non toda a violencia de xénero é física, de que concienciar e traballar o tema é cousa de homes e mulleres...
A historia de Senlleiras, é dura pero tamén é real, e por desgraza moi actual. falamos de dependencia, de educación, de medo....
Despois falamos da seguinte lectura, desta volta está "patrocinada" polo CEIP DE Petelos ( en Mos) que nos deixaron os exemplares de "A lavandeira de San Simón", de Eva Mejuto e tamén nos fixeron unha proposta para levar a cabo unha actividade conxunta entre os 2 clubs ao final do curso...
Despois de repartir os exemplares ( e preparar o reparto para as que non puideron asistir á reunión) pasamos á "sala de mestras" para falar dun xeito máis relaxado e tomar a nosa tradicional "merendiña".
Desta volta, queremos agradecerlle a Susi que trouxese unhas galletas caseiras con chispiñas de chocolate que estaban moi moi boas e tamén unhas filloas caseiras, que estaban espectaculares.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |