Imos desenvolver unha serie de actividades a nivel ciclo, relacionadas con esta data: de investigación (sexa na web ou mediante os libros que temos relacionados coa temática) , algunha charla informativa por parte dunha muller científica galega (grazas á Uvigo), xogos e visionado dalgúns vídeos
O primeiro que faremos será recordar o traballo que desenvolvemos hai 3 cursos sobre esta temática, que comezamos en novembro e rematamos no 8M: Científicas Galegas: Mulleres Bravas.
Aquí deixamos o RAP que fixemos como produto final deste proxecto:
Na páxina web 11 de Febreiro podedes atopar moitísimo material para traballar este tema: actividades, materiais, estatísticas, información sobre mulleres e ciencia, chicas e estudos STEAM e un longo etc...
Aquí vos deixamos un vídeo, titulado "Ese lugar" que foi eaborado pola Cátedra de Cultura Ciencífica da UPV/EHU. Xa que o 11 de febreiro será o día da Muller e a Nena na Ciencia, e o día seguinte... e os que virán despois...
Este vídeo "Yo quiero ser científica" no que 9 mestras da Universidade pública de Navarra (UPNA) son intérpretes e autoras dunha obra de teatro divulgativa na que rescatan a vida e obra de mulleres científicas do pasado:
Para os máis pequenos, este vídeo gañador do concurso de curtametraxes da Unesco "Mujeres en la CTI y matemáticas":
As ilustracións e a animación do vídeo deste proxecto son do profesor de bioquímica Iñigo Izal Azcárate e a narración en "voz en off "corre a cargo da periodista Eva Lus (Radio Universidad de Navarra).Tamén colabora nesta serie de animación o grupo Women for Science and Technology e diferentes persoas expertas asesoran na elaboración dos guions das distintas biografías.
Se queredes seguir "curioseando" deixámosvos un link con libros e películas recopilados en 11defebrero.org. ( E se premedes aquí, accederedes a todos os materiais dispoñibles)
Tedes á vosa disposición os PODCAST de "VOCES 11F" (hai 4 tempadas nas que diversas mulleres científicas falan do seu traballo, das súas investigacións e das súas experiencias)
Se vos apetece xogar "ó rosco das científicas" non tedes máis que premer AQUÍ
Outra páxina que non se pode esquecer nesta viaxe de referenciación da muller e a nena na ciencia é MUJERES CON CIENCIA onde poderedes atopar todo tipo de noticias, materiais, actividades relacionadas, coas mulleres e coa ciencia...
E para finalizar, este vídeo curto, pero moi clariño, tirado da páxina #NoMoreMatildas
ACTUALIZACIÓN:Engadimos unha recomendación feita dende o Centro Oceanográfico de Vigo (Instituto Español de Oceanografía - IEO)