Hoxe o alumando de 3º ciclo de ED. Primaria tivo a sorte de escoitar e participar nunha actividade conmemorativa polo 11F
A profesora María José Vázquez Figueiredo, da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense (á que agradecemos que se achegase ao noso centro) tivo unha sesión formativa con este alumnado, que estaba plantexada nos seguintes bloques:
1º PARTE. Muller e ciencia.
2º PARTE. Proxecto Humaniza_TRICS.
3º PARTE. Taller Humaniza_TRICS. O impacto das redes sociais e a intelixencia artificial na educación sexual dos/as cativos/as
4º PARTE. Sumámonos a carreira INVESTIGADORA.
(Aínda que por cuestións de tempo , a 4ª parte non se desenvolveu plenamente)
A continuación unha pequena explicación do desenvolvemento da actividade:
Na primeira sesión, Mª José explicounos en que consiste o traballo dunha investigadora, que a investigación aparece en distintos ámbitos: ciencias, humanidades, artes, saúde...
Tamén Visionamos un vídeos curtos de diferentes investigadores/as galegas
Falounos tamén da importancia de fomentar a vocación investigadora nos nenos e nenas
Posteriormente comentounos que participa nunha investigación sobre a violencia de xénero
E a continuación abriu debate co alumnado que empezou a participar animadamente
(Texto elaborado pola profe Carmela)
Tamén houbo tempo para respostar a preguntas abertas, para escoitar música que quizais non somos conscientes da carga de violencia contra a muller que contén, e algunha cousiña máis... para espertar o seu pensamento crítico ...
Moitas grazas a Mª José por compartir o seu tempo con nós, e a Karina , da Unidade de Cultura Científica da Uvigo por poñernos en contacto.