Onte, día 25 parte das integrantes do Club de Lectura de familias e profesorado desprazámonos ata Vigo para poñernos en situación e falar sobre a derradeira novela que limos este curso: Sete Caveiras de Elena Gallego
A novela transcorre na cidade de Vigo, escollemos 3 dos lugares máis emblemáticos onde apareceron 3 dos cadáveres: O museo do Mar de Vigo ( que visitamos e contamos con visita guiada) , concretamente o seu FARO.
Ademais da praia de Samil e a Illa de Toralla.
Tamén fixemos unhas fotos artísticas grazas ao material facilitado por Bea:
E aquí tedes ás artífices da creación:
Despois da visita, dirixímonos a Samil, porque alí ( ademais de comer o xantar que levabamos) desenvólvese parte da novela, onde aparece outro dos cadáveres.
Houbo momento para un café relax... e falar outro pouco sobre ese fragmento da novela.
E por ultimo achegámonos ata a Illa de Toralla, porque , efectivamente alí apareceu outro dos cadáveres.
Foi unha xornada distinta, interesante e moi divertida.
Botamos de menos ás participantes que non puideron asistir, pero xa argallamos a primeira reunión do vindeiro curso.
Finalmente , de volta xa un último momento , na que non estamos todas as que somos pero unha boa representación das mesmas
Pero isto non foi todo, na viaxe de ida ademais de falar do libro escoitamos 2 audios.
Un deles foi a entrevista que lle fixemos a María Solar coas nosas dúbidas sobre o seu libro "A CULPA". Enviámoslle as nosas dúbidas ( recollidas en Radio Xuve) e ela amablemente contestounos. E fomos escoitando o resultado final . Agradecemos ao profe Javi que foi o que editou e xuntou as preguntas coas respostas.
( Non imos subir ese audio aquí , porque sería un SPOILER inmenso para as persoas que aínda non o lestes)
O que si imos compartir con vós foron os Poemas que recitaron Glenmy e Carolina , xa que non puideron asisitir e deixaron así a a súa despedida.
Non sabíamos que Glenmy (sempre tan discreto) escribiu un libro de poemas para adultos titulado "Del amor y algo más" e recitou magnificamente un dos mesmos.
Queremos agradecer tamén á biblioteca pública Xosé Neira Vilas de Vigo que compartiu con nós o "mapa literario de Vigo" , no que aparece "Sete Caveiras" na liña 5.
(Adxuntamos o documento que nos compartiron e que repartimos entre todas as asistentes)
Foi un pracer compartir e formar parte deste club de lectura tan intenso... pensando xa no vindeiro curso.
Bo verán e boa lectura!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
mapa literario A4.pdf | 554.67 KB |
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |