slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Estamos de volta

Hai uns días que xa estamos de volta á rutina...e para comezar este novo curso, fixémolo cós nosos tesouros máis prezados do período estival.

Festival fin de curso

O xoves 21 de xuño celebramos o festival fin de curso no CEIP As Nogais.

Para comezar, o alumnado de 4º, 5º e 6º representou unha obra teatral de creación propia: "Clínica As Nogais".

Seguidamente, as nenas de 5º e 6º puxeron en práctica as súas dotes artísticas realizando un baile coa canción "Tu cintura".

Ata o próximo curso...

Aínda vai pouco tempo, cando comezábamos esta nova andaina en setembro...e xa chegamos ao mes de xuño, e con el  a fin das clases e do curso 2017/2018. Esperamos que este tempo de lecer serva para xogar, desconectar, traballar un pouquiño e desfrutar do verán. De xeito especial, dicímoslles ata pronto a Zaira, Ainara e Daniela, que para o vindeiro ano comezarán outra etapa no Instituto de Becerreá. Moita sorte. Ata setembro...

Revista escolar: Pena de Airelas Nº 40

Como todos os anos, ao remate do curso escolar, aparece a revista do cole "Pena de Airelas". Aquí podedes botarlle unha ollada...

PENA DE AIRELAS Nº40

Proxecto Terra

Durante todo o curso escolar, levouse a cabo o proxecto Terra, enmarcado dentro do Plan Proxecta. Na seguinte fotografía poderedes ver un resumo das actividades:

Visita ao parque eólico de Sotavento

Para finalizar o curso...todo o alumnado do centro desprazouse ata o concello de Xermade para visitar o parque eólico de Sotavento. Alí puideron comprobar multitude de experiementos, entrar dentro dun aeroxerador, realizar o seu propio papaventos...

 

Día das Letras Galegas

Para celebrar a semana das Letras Galegas no CEIP As Nogais, propuxemos a actividade de elexir mediante unha votación a palabra máis fermosa. Cada neno e nena escribiu unha palabra e despois procedeuse a unha votación segreda.

finalmente, a palabra "máis fermosa" é...

Plan director: A Garda Civil e o acoso escolar

O mércores 22 de maio, Ramón, un axente formador da Garda Civil, visitou aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º coa finalidade de charlar sobre o acoso escolar e os perigos da era dixital na que vivimos.

Unha charla moi interesante e ben plantexada, na que os nenos e nenas descubriron os perigos dun mal uso das tecnoloxías, estratexias a aplicar ante un caso de acoso e sobre todo ao tratar cós compañeiros dun xeito respectuoso e afectivo, sen danalos.

Sesión de títeres

O martes 15 de maio, Mercromina Teatro de Títeres chegou ás Nogais. Unha actuación para nen@s e maiores chamada "a familia unida", donde Ton e o seu teatro puxeron en escena esta obra de creación propia.

Ao final do espectáculo, Ton ensinounos como realiza o seu traballo no teatrillo...onde amosounos moitas sorpresas...

Camiñando por As Nogais

O xoves 10 de maio, aproveitando o bo tempo, o alumnado do colexio realizou unha camiñata polo pobo. Visitaron os diferentes servizos (farmacia, correos, perruquerías, panadarías... etc). A andaina resultou moi divertida e formativa!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer