slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Calendario Estiño 2019/2020

Coma todos os anos, o noso centro participa na elaboración grupal do calendario proposto pola asociación pedagóxica Estiño.

Este ano a temática do calendario é referida aos froitas.

A nós, tocounos as noces e aquí podedes ver os finalistas. No momento da publicación do calendario saberemos que foi o/a escollido.

Anacos do comedor

Este ano estreamos un novo recuncho...unha galería de imaxes dos diferentes platos que compoñen os diferentes menús elaborados pola nosa cociñeira Bea. Esperemos que vos guste e que vos abra o apetito.

Ensalada de vexetais e atún.

Tostas de xamón serrano, tomate e mozarella.

Proxecto: As cores de Elmer

A mestra de Educación Infantil, María, propuxo para este 1º trimestre o proxecto "As cores de Elmer". Un proxecto multidisciplinar no que comezaron polas cores do Outono. Aquí tedes unha pequena mostra do mesmo.

 

 

Samaín 2019

Para festexar o Samaín  e o Magosto de 2019, os rapaces e rapazas do CEIP As Nogais realizaron moitas actividades:

Comezaron cunha interpretación da canción "Tumbas, tumbas".

 

Despois de tanto esforzo, os nenos e nenas xa tiñan FAME de empanada e chourizo con pan e así fixérono saber.

Samaín e magosto.

Hoxe, mércores 30 de outubro, celebraremos o samaín e o magosto no colexio. Para elo, elaboramos un mural: froitos de outono, bonecos feitos con froitos, animais decorados con follas secas...

Hoxe, comeremos empanada e chourizo con pan, cantaremos algunha canción de medo e realizaremos xogos, onde a castaña será a protagonista.

Paseo pola Ruta dos Soutos (As Nogais)

O mércores 23 de outubro todo o alumnado do centro realizou un paseo pola Ruta dos Soutos, situada no concello de As Nogais. Durante a camiñata á beira do río Navia, recolleron castañas e noces.

Gravación de Braulio Tuber (Os Bolechas): alimentación saudable.

 luns 14 de outubro recibimos a visita de Braulio Tuber, un dos integrantes da familia dos Bolechas. Entre todos e todas fixemos a gravación dun programa para a TVG sobre a alimentación saudable, que se emitirá no presente curso, pero aínda sen data confirmada.

Nos días previos á gravación, traballamos contidos relacionados coa alimentación, xa que elaboramos dous murais informativos (un en inglés e outro en galego).

Bonec@s de Outono

As familias e os nenos e nenas puxéronse mans á obra dun xeito moi eficiente e altamente creativo. Aquí poderedes ver todas as creacións e os seus autores e autoras. Noraboa polo bo traballo feito! Un verdadeiro pracer ter estes brinquedos de outono tan especiais!

Valeria. Educación Infantil 3 anos.

Xoel. Educación Infantil 3 anos.

Bonec@s

Para conmemorar o magosto e o samaín...este ano pensamos cambiar un pouquiño.

Aproveitando o libro de Antón Cortizas "Tastarabás", decidimos que este ano tocaba a creación duns bonecos e bonecas, pero empregando froitos de outono como base principal.

A ver con que nos sorprenden este ano...

Aquí déixovos unha mostra das imaxes desta fantástica enciclopedia de brinquedos tradicionais.

Comezamos de novo...

Xa estamos de volta...Un novo curso agárdanos cheo de ilusións, xogos, traballos e sorrisos. O mércores 11 de setembro de 2019, o CEIP As Nogais abre as súas portas de novo para o inicio deste curso escolar. Esperemos desfrutar e traballar todos e todas por unha educación de calidade e para o futuro. Un saúdo.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer