slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

LISTA DE LIBROS CURSO 2019-2020

Lista de libros para o vindeiro curso 2019-2020.

Reunión Informativa para o novo alumnado

O xoves 27 de xuño ás 11:00 horas, celebrarase unha xuntanza informativa para o novo alumnado que comece a Educación Infantil para o vindeiro curso 2019/2020, dirixida pola mestra de Educación Infantil e coordinada pola orientadora do centro.

Revista escolar: Pena de Airelas Nº 41

Aquí tedes o número 41 da nosa revista escolar. Esperemos que a disfrutedes!

PENA DE AIRELAS Nº41

 

 

Festival Fin de Curso 2018/2019

Quedades todos e todas convidados para o venres! Imos despedir cun sorriso o curso!

Visita ao centro de día de As Nogais

O luns 17 de xuño, con motivo da próxima apertura do centro de día de As Nogais, Isabel e Olga invitáronnos a coñecer onde levarán a cabo o seu traballo. O centro está pegadiño ao colexio e ten capacidade para 10 persoas. Esperemos que lles vaia moi ben nesta nova andaina!

Moitas grazas pola invitación e polo aperitivo!

Charla sobre o oso pardo.

O luns 4 de xuño, unha representante da Fundación Oso Pardo, visitou o colexio para impartir unha charla sobre este animal autóctono da comarca dos Ancares.

Despois da proxeción dun vídeo, chegou o turno para as cuestións e as súas respostas.

Moitas grazas por vir!

Proxecto: O corpo dos homes e mulleres.

Neste 3º trimestre, a mestra de Educación Infantil, María, propuxo un novo proxecto ao seu alumnado; "O corpo". Neste proxecto investigaron, traballaron e descubriron moitas cousas sobre como funciona o noso corpo.

Realizaron uns fantásticos bonecos para entender como funciona o corpo.

Palabras no comedor

Durante todo o curso escolar, levamos a cabo o concurso "Palabras no comedor". Esta iniciativa, impulsada polo Equipo de dinamización da lingua galega e o comedor escolar, pretendeu achegar diversos contidos na lingua galega, mediante unha serie de cuestións semanais sobre un tema, feito ou personaxe.

No festival de fin de curso entregaranse os distintos agasallos aos premiados polo seu bo facer.

Primaria: 

1° Unai

2° Ismael

3° Lucìa Freijo

Infantil:

Todos os participantes levaràn agasallo.

 

Gala clausura do Conservatorio de Danza

O venres 7 de xuño desprazàmonos ata a cidade de Lugo para asistir à gala de clausura do Conservatorio de Danza. As butacas estaban cheas de nenos e nenas para desfrutar dun fermoso e traballado "show". Os artistas puxeron en escea "O libro màxico", unha montaxe de medo onde todos e todas demostraron as súas habilidades no mundo da danza.

Visita ao centro médico.

O mércores 5 de xuño, o alumnado de Educación Infantil e o de 1º, 2º e 3º visitaron o centro médico do pobo.

Esta visita está enmarcada dentro do proxecto trimestral "O noso corpo", deseñado pola mestra de Educación Infantil, María González.

No centro médico puideron vivenciar, tocar, preguntar sen reparo todas as dúbidas e intereses a Maribel, médica do centro, e a Consuelo, a enfermeira.

Dar as grazas a estas dúas persoas polo seu bo facer e polo bo trato cara os rapaces e rapazas, xa que foi unha mañá do máis entretido.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer