![](/centros/ceipnicolasrio/system/files/u71/cartaz%20tempo%20Nadal%20proxecto_0.png)
Chegado o tempo de Nadal moitas familias achéganse á biblioteca a
realizar unha documentación moi importante, a transmisión da tradición
oral da nosa música de Nadal: panxoliñas, cantos de reis e por suposto,
unha manchea de contos. Hoxe contamos coa visita de Jose de Vigo,
que agasallou ao alumnado de 5º e 6º con dúas panxoliñas que falan da
xeografía da nosa vila. Con elas inauguramos esta semana
de tradición oral de xeneración en xeneración.
![](/centros/ceipnicolasrio/system/files/u71/fotos.png)
José de Vigo prometeunos voltar, aquí quedan
as panxoliñas grabadas para ir practicando nestes días.
A primeira é da súa colleita, escrita e cantada por José de Vigo.
Unha panxoliña na que collemos todos os de Cedeira,
de tódalas parroquias, perfecta para nos tempos que estamos.
A segunda é unha canción mariñeira, a primeira noticia a recibimos
por unha mamá, falounos de Manolo do Mudo (en paz descanse)
e desta canción. Despois soubemos por Jose que a cantaban nos bares,
as fins de semana, despois de vir do mar, Manolo do Mudo, Manolo Vergara,
Javier Vergara e Manolo Pita Cribeiro ( O Norreca). Ata o de agora, aínda estamos
por saber de certo, se a letra é só de Manolo do Mudo ou hai máis autores.
Pero o que máis nos gusta é que permanecera na tradición oral. Hoxe pasa a
unha nova xeración que ten que encargarse de cantala moito e transmitila á seguinte.
Agasallos musicais da man dos que hoxe non están e grazas a José de Vigo.
Cantada polos nenos en homenaxe aos que hoxe non están.
Podedes descargar a panxoliña e a canción nos ficheiros adxuntos.