Skip to main content

SAÍDA

Contos para pasalo de medo

Por aquí xa andamos en temática de Samaín...  e, neste caso, foi o alumnado de terceiro o que tivo a sorte de asistir a un contacontos financiado a través da biblioteca municipal: Contos para pasalo de medo a cargo de Carmen Domech!

 

 

XEOLOXÍA E LENDAS!

CONTINUANDO CO PROXECTO INTERCENTROS O ALUMNADO DO IES PUNTA CANDIEIRA, OS VAGALUMES E TODO O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA,REALIZARON UNHA SAÍDA DIDÁCTICA PARA PROFUNDIZAR NO COÑECEMENTO XEOLÓXICO DA CAPELADA. ALÍ PUIDERON APRECIAR AS FORMACIÓNS XEOLÓXICAS DO PALEOZOICO, DA MAN DO XEÓLOGO FRANCISCO CANOSA. ASÍ MESMO REALIZARON UN OBRADOIRO DE FIGURIÑAS DE PAN (SANANDRESIÑOS) E LENDAS CON JORGE BELLÓN EN SAN ANDRÉS DE TEIXIDO.






Podedes ver máis fotos na publicación do IES (Pincha)

CONTINUAMOS UN PROXECTO! INTERCENTROS IES E VAGALUMES.

OS VAGALUMES DESPRÁZANSE ATA A BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA PARA COÑECER AOS SEUS NOVOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CAMIÑO. ESTE ANO

VIAXAN 1º DE BACHERELATO DE ANTROPOLOXÍA, DE CULTURA CIENTÍFICA E OS VAGALUMES EN 4º DE PRIMARIA.

ESPÉRANNOS MOITAS AVENTURAS E DESCOBREMENTOS. 

 

 

Distribuir contido