Skip to main content

Formación de usuarios

Descubrindo os segredos da biblio... - Formación Usuarios

 

O inicio de curso implica retomar a formación de usuarios que facemos anualmente na biblioteca xa que só con alumnado informado e coñecedor dunhas pautas básicas para "funcionar" pola biblio, podemos exprimirlle todo o seu beneficio a este espazo tan marabilloso que temos no cole.

 

Nesta ocasión, a formación abarcou dende 5 anos ata 6º de primaria polo que mentres con algúns grupos traballamos principalmente as normas básicas, outros profundizaron na CDU... Deste xeito, houbo varias modalidades de formacións atendendo aos diferentes niveis de coñecemento da biblio:

- As nenas e os nenos de 5 anos coñeceron a Percebiño, grazas a quén traballaron sobre as normas básicas da biblio, fixeron un pequeno xogo de pistas (có que reforzamos o coñecemento dos diferentes espazos) e iniciáronse no emprego dos marcadores e no buzón de Percebiño.

- A rapazada de 1º Primaria traballou cun Genially moi chulo sobre as normas básicas, o emprego dos recursos, a organización por tempos dalgúns materiais coma os iPads (para facilitar que todos e todas teñan posibilidade de acceso) ou o préstamo de materiais para a casa.

- Os grupos de 2º a 4º Primaria traballaron sobre os datos dos libros iniciándose ademáis no sistema de clasificación de idades recomendadas mediante cores e na CDU.

- E xa por último, os e as maiores de 5º e 6º Primaria profundizaron na CDU traballando sobre os tejuelos e aportaron suxestións para montar a mini biblio no patio do Areal (destinada ao tempo de lecer e atendida por alumnado voluntario) ademais de aportar ideas para o curso e colaborar na creación dun buzón de suxerencias.

 

A verdade é que todos os grupos fixeron un gran traballo asi que, para que os vexades en acción, aquí vos deixamos un pequeno vídeo con imaxes recollidas durante as diferentes formacións!

 

 

 

Deixamos adxuntos os materiais empregados por se queredes botarlles unha ollada!

E unha pequena carta para as familias.

 

 

 

 

Experimentando na radio!

 

  Estes días tivemos a sorte de poder aprender de radio da man de Rede ESPORA (Rede de Escolas pola Radio)! A nosa radio forma parte do programa Radio na biblio impulsado por Bibliotecas Escolares e o alumnado de 4º de primaria tivo a oportunidade de participar nunha formación incluída dentro do programa.

 


Traballaron sobre os compoñentes da radio, aprenderon cómo empregar a mesa de sonido, cómo manexar o programa Audacity e moito mais! En definitiva, todo o necesario para poder levar a cabo un programa de radio de principio a fin do xeito máis autónomo posible... seguro que en breves os podemos escoitar polas ondas da nosa radio!

Xa temos voluntariado na biblio!

Na nosa biblio hai moito que facer polo que a labor dos voluntarios e das voluntarias é fundamental! Estes días están aproveitando para formarse e ir familiarizándose con algunhas das funcións máis relevantes que terán que facer coma bibliotecarios e bibliotecarias: facer os préstamos, catalogar algunhas das moitas novidades que están enchendo os estantes (coma unha colección enteira de Harry Potter!!)... e a verdade é que o están facendo xenial!! 

 

Redescubrindo a biblioteca!

Os fondos da biblioteca non paran de crecer e, como sempre hai que reorganizar algúns aspectos (e máis este ano!), as formacións de usuarios son indispensables!

Todo o alumnado irá pasando por turnos pola biblioteca pero hoxe tocoulle a terceiro de primaria! Ao chegar, e tras repasar unhas normas básicas do protocolo COVID, tiñan unha sorpresa esperándolles nos iPads: un Escape Room dixital creado na plataforma Genially! Repartíronse por parellas e... a descubrir a CDU e a organización da biblio grazas ao xogo! Tiveron que recorrer as diferentes salas, ler carteis e moito máis para poder completar as misións pero reto conseguido!

 

GRUPOS INTERACTIVOS E FORMACIÓN DE USUARIOS

Iniciamos o curso escolar programando as actividades de formación do alumnado como usuarios da biblioteca escolar do centro.

Os espazos da biblioteca, a organización dos fondos, a variedade de recursos a empregar, as normas de uso, o préstamo de libros...son algúns dos aspectos que se abordan nestas primeiras sesións.

Durante o desenvolvemento das actividades, o alumnado organízase a modo de grupos interactivos. Nesta forma de organización ten un valor engadido a presenza dun adulto voluntario en cada un dos subgrupos, favorecendo a interacción, participación e resolución das tarefas por parte do alumnado.

 

Todas as familias quedades convidadas a participar nestas actividades de formación de usuarios, actuando como adultos voluntarios.

As datas e horarios das sesións son as seguintes:

Podedes colaborar en calquera das sesións.

Teremos unha reunión informativa/formativa en data acordada previamente entre as familias participantes.

Animádevos a participar! Precisamos que anotedes os vosos datos a continuación.

  

ROBÓTICA NA BIBLIOTECA

A ROBÓTICA ESTÁ PRESENTE NO NOSO COLEXIO GRAZAS AO PROXECTO "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR"

O ALUMNADO TIVO O SEU PRIMEIRO ACHEGAMENTO CUNHA ACTIVIDADE PARA COÑECER A CDU, DENTRO DA FORMACIÓN DE USUARIOS.

DISPOÑERON DUNHA PLANTILLA CON IMAXES DE PERCEBÍN REPRESENTANDO A CDU

E DE DIFERENTES IMAXES DE CUBERTAS DE LIBROS QUE ESTÁN PRESENTES NA NOSA BIBLIOTECA.

                   

                                                           PLANTILLA DA CDU, CON PERCEBÍN, PARA XOGAR COS ESCORNABOTS

 

             

ESCÓLLESE A IMAXE DUNHA CUBERTA DUN LIBRO.

DECÍDESE EN QUE NÚMERO DA CDU DEBERÍA UBICARSE.

COMPRÓBASE MIRANDO A FICHA DA CUBERTA POLO REVERSO.

DESPLÁZASE O ESCORNABOT ATA O NÚMERO/IMAXE CORRESPONDENTE.

        

                   

 

COMEZAMOS POLO PRINCIPIO

VISITAS DOS GRUPOS

OS DISTINTOS GRUPOS VISITARON A BIBLIOTECA DURANTE O MES DE SETEMBRO PARA FORMARSE COMO USUARIOS.

APRENDERON E RECORDARON AS NORMAS, OS ESPAZOS, O USO DE MARCADORES CANDO VEÑEN LER Á BIBLIOTECA, COMO LEVAR LIBROS OU PELÍCULAS EN PRÉSTITO PARA A CASA...

 

TAMÉN VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE CEDEIRA "LÓPEZ CORTÓN"

Distribuir contido