Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Dom, 23/10/2022 - 22:33
O ano pasado a pandemia deixou algo bo, foi que o alumnado se autorganizara,
sen darnos conta rapazada que non podía acudir a diario á biblioteca
(polas limitacións) se autoxestionou,
colocouse no espazo e montou clubs para argallar.
Este ano dun xeito moito máis formal, pero con moita autonomía,
fan as súas propostas para que o alumnado que o desexe forme parte do club.
En principio, teremos reciclaxe, baile, teatro e inventos.