Posted in
Lectura de poesía escollida polo alumnado.
En tempos confusos como os que vivimos, cómpre viaxar polas
métaforas das imaxes e as palabras, asolagar as nosas bibliotecas
de poesía, buscar acubillo en versos reparadores, descubrir
a poética do máis pequeno e próximo...
Hai moitos ollos no mundo,
ollos ledos e baleiros,
pequerrechos, preguiceiros,
ollos tristes e profundos.
Ollos ollando os abrentes,
ollos con olladas frías,
ollos de noites e días,
olladas de ollos doentes.
Ollos claros e marróns,
azuis, negros, verde escuro,
ollos que baten nos muros,
ollos-corisco e limón.
Ollos das pombas feridas,
ollos limpos, meiguiceiros,
ollos que aluman carreiros,
ollos de olladas perdidas.
Hai moitos ollos na terra,
ollos ollando as olladas
doutros ollos e as moradas
de tantos ollos que berran.
Paseniño, paseniño. Antonio García Teijeiro