Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Lun, 04/11/2019 - 00:00
Posted in
As aulas de cinco anos, comprometidas co proxecto do Coidado do medio que propón este ano a biblioteca,
este curso dispoñen dun pequeno espazo ao aire libre no que poder estar en contacto ca natureza.
Coa mesma intención de coidar o medio que nos rodea vai o primeiro traballo do curso escolar:
preparar bolsiñas de tea para as merendas, reducindo así o uso de materiais plásticos.
Dentro de todo o proceso de traballo os nenos e a nenas aprenderon o que son os tintes naturais,
libres de tóxicos e productos químicos, e así tinxiron as cintas de tea con té.
O resultado final foi este.