Skip to main content

Booktubers -#euquedonacasa

Inspirados no alumnado de 3º C, da aula de Chus, imos propoñer que vos convirtades en booktubers.

 Ese libro que estamos lendo, que nos leva a lugares marabillosos, compartámolo con todos e todas!

Como? Grava un vídeo de non máis dun minuto, no que digas o título, autor, editorial e

moi brevemente de que trata e por que che gusta a ti e o recomendas.

Poden participar nenas, nenos e adultos.

1º Paso: Ler o libro. Se non tes ningún, podes mirar nestas ligazóns.

Teñen libros en pdf gratuítos.

Elestudiantedigital.com

Weeblebooks

OyeJuanjo

2º Paso: Realizar un guión escrito do que imos dicir.

Revisar ortografía e cohesión (que se entenda o que queremos transmitir).

3º Paso: Ensaiar, isto é como na poesía e no teatro, hai que expresar, esaxerar...

4º Paso: Pedirlle a un adulto un aparello que permita gravar: móbil, ipad, cámara de vídeo...

5º Paso: Gravar e mandalo a calquera destes enderezos, se desexas que o publiquemos.

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

TODO VAI SAÍR BEN!

CÁNTALLE A ROSALÍA #EuQuedoNaCasa

#EuQuedoNaCasa

Este luns tiñamos xa organizado o noso karaoke a Rosalía de Castro nos recreos da biblio.

E se cantamos desde casa? Cantade baixiño, a berros pola ventá, en parellas, con coreografía...

E se queredes compartilo:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

Aí van as nosas propostas!

 

 

 

 

 

 

 

 

Contacto Biblioteca Carlos Labraña

Podes contactar connosco de varias formas:

Correo electrónico: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

Facebook Biblioteca Escolar "Carlos Labraña"

Twitter Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" @beCarlosLabraña

Teatroteca -#euquedonacasa

A teatroteca do Centro de documentación teatral, pertencente ao Ministerio

de Cultura e Deporte de España, ofrece 1.500 obras de teatro.

TEATROTECA

PINOCCHIO (imaxe da teatroteca)

 

 

Recomendación - #euquedonacasa

Un xogo para previr e asegurar que se lavan acotío.

Coronavirus - #euquedonacasa

Ante o estado de alarma, "suspéndense as clases lectivas dende o luns 16 de marzo e durante 14 días".

INSTRUCCIÓNS XUNTA DE GALICIA

BOE ESTADO DE ALARMA

Pero dende a Biblioteca Carlos Labraña queremos seguir propoñendo actividades didácticas que axuden a levar este encerro necesario dun xeito máis ameno.

Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada!

O alumnado empodérase e continúa deseñando obradoiros.

Neste caso as artes e o steam son a base da actividade.


Realízano dende o comezo, sen saltarse ningunha fase.

Xúntanse e definen que levará a actividade, realizan unha lista dos materiais necesarios (será a base de reciclados),

deseñan o cartaz para promocionar o obradoiro,

fan unhas táboas para que se apunte o alumnado e na data sinalada levan a cabo o obradoiro.


Como sempre, ocorren cousas que hai que contar; estas grandísimas persoas non só fixeron todo este traballo, e por certo moi ben realizado, senón que comezan o obradoiro e escoitas a un deles consultar en cal lingua levarán o obradoiro.

Conversan e axiña, sen dubidar, din: - en galego.

- Nenas, nenos, todos falamos en galego (coméntanlles aos participantes no obradoiro).

Un pracer de rapazada!

A ría comeza aquí!

Baixo este lema o alumnado de 4º, 5º e 6º colaborou na segunda parte da

actividade sobre os sumidoiros e os seus coidados, organizado polo Concello de Cedeira.


Na Praza Roja sinalizaron todos os sumidoiros baixo o título "A ría de Cedeira comeza aquí".


Despois pegaron cartaces e repartiron trípticos para concienciar á poboación do uso correcto dos sumidoiros.

Esta actividade complementa o proxecto "Contra o cambio... eu cambio. E ti?"

 

NOTICIA DO CONCELLO

 

NOTICIA "LA VOZ DE GALICIA"

 

Rosalía de Castro

Os Vagalumes achegan a biografía de Rosalía baseándose na obra da

Fundación Rosalía, de Helena Villar Janeiro e Ánxeles Ferrer.

Parabéns rapazada!

Xornada de teatro escolar

O alumnado que participará nas Xornadas de Teatro xa leva case dous trimestres de andaina.

Biblioteca do centro e auditorio son os seus dous referentes de ensaios.

Expresión oral, comprensión lectora, dramatización, oralidade, aprendizaxe cooperativa e colaborativa,

manexar tempos de espera, actitudes como respecto, esforzo, axuda aos demais,

poñerse no sitio doutro... son só algúns dos beneficios desta actividade.

Parabéns rapazada! Estamos orgullosos de todos e cada un de vos!

Axenda representación Os Furabolos con "A pequena compaña" de Carlos Labraña.

Entrevista a Carlos Labraña en Radio Experimental.