A VIAXE DE PERCEBIÑO #diainternacionaldolibroinfantil #DILI22 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Convidamos a toda a comunidade a participar na gravación do video clip
"A viaxe de Percebiño", baseada no libro de Quique Vázquez e Diego Cheda,
sobre educación vial. Publicado no blog da BE "Carlos Labraña" ao comezo
da pandemia. Esta será a continuación dun proxecto inacabado.
Recordade que para participar hai que apuntarse.
Novidades recén chegadas! #colección #VoluntariadonaBE #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
A nosa biblio non para de crecer e desta volta tivemos unha chea de novidades dentro dos fondos que o alumnado voluntario axudou a rexistrar e colocar. Traballaron arreo para que poidades desfrutar dun montón de novos títulos que estamos seguros que vos encantarán! Asique non dubidedes en pasar a botar unha ollada!
Día do teatro #teatrogalego #Teatro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O teatro sempre está presente na bilblioteca, ten o seu espazo creativo,
pero tamén hai aulas que utilizan esta arte para fomentar a lingua galega,
a expresividade, perder medos e vergoñas, aprender a traballar en gran grupo, sendo todos un.
Así crean compañías que sacan adiante pezas teatrais.
Este ano o alumnado de segundo de primaria, leva traballando arreo no texto e xa comezan co atrezzo.
Nesta ocasión representarán unha obra inédita, escrita por Carlos Labraña, dramaturgo da nosa vila
que da nome á nosa biblioteca. É unha honra representar unha
peza feita coas mascotas que acompañan as nosas vivencias na biblioteca.
Tamén alumnado de cuarto de primaria prepara unha adaptación das Bruxas de Roald Dahl.
Poderedes ver as estreas no mes de xuño! Esperámosvos!
DÍA MUNDIAL DA AUGA - FALADOIRO "O dereito á auga" #DíaMudialdaAuga #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Polo Día Mundial da auga tivemos a visita de Miño Guerreiro,
voluntario da ONGD Enxeñería sen Fronteiras.
Realizou un faladoiro sobre o dereito do acceso á auga.
Quedamos con moitas ganas de saber da súa experiencia en Honduras,
así que volveremos a velo.
ENCONTROS PLAMBE 2021-2022 #EPLAMBE22 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
A Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" presente nas xornadas Plambe.
Un lugar de encontro para compartir experiencias e continuar unha formación que nunca remata.
Pois a escola ten que ir cos cambios sociais, dixitais... coa vida!
Unha foto dun intre da xornada e a nosa aportación co obradoiro: Unha carta a Percebiño!
LEGO WEDO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
O alumnado de terceiro realiza un obradoiro de LEGO WEDO.
Os clubes seguen... a pleno rendemento! #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Como xa vos contamos, o alumnado de 5º leva a cabo dous clubes: I love animals e Sylvanian Families.
Tiñan todo perfectamente organizado e plantexado pero chegaron xaneiro e febreiro e con eles, as novas restricións do protocolo COVID coma non poder xuntarse as aulas do mesmo nivel. A pesar de todo, o alumnado conseguiu reinventarse e poder continuar sacando adiante non só un obradoiro senón catro! Fixeron guirnaldas de corazóns, decoraron tarros para usar de candeas, crearon caixiñas e hasta tiveron algunha sesión de tatuaxes!
A poesía ten a palabra! #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
No clube de lectura de 4º de primaria estiveron lendo dous marabillosos libros de poesía: Cacarabín, cacarabón de Antonio García Teijeiro e Dominicus, o dragón de Antón Cortizas.
Tras a lectura e o posterior faladoiro, traballaron nas súas propias creacións poéticas que ilustraron dun xeito fantástico. O resultado foi tan positivo que fixemos unha pequena exposición na entrada da biblioteca! Aquí vos deixamos algunhas imaxes pero non dubidedes en visitala!
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 10 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Chegamos á fin dun programa. Despois de dez podcast temos que
dicirlle adeus a un programa realizado por toda a comunidade educativa,
"Música, poesía e estrelas" acompañou as mañás na escola, na casa,
no comercio, na viaxe do coche...
As emocións mantivéronnos unidos. Hoxe deixamos voar a poesía
pero só tedes que estender a man para coller versos e verbas.
Parabéns á radio e parabéns a Rosalía!
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER #8M #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Nesta semana nos recreos de biblio podes
investigar sobre mulleres que marcaron a historia.
Unhas aparecen nos libros outras, a meirande parte,
son descoñecidas para moitos.
Empodérate e dalles voz!!
ONU DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- …
- seguinte ›
- última »