Título | Resumo |
---|---|
OBRADOIRO DE GALLETAS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Kevin, Lourdes, Lisa e Sylvia acompañaron ao alumnado de 2º na creación dunhas fermosas galletas de coelliños e ovos.
|
MANUALIDADES DE ENTROIDO #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Mestres e alumnado están traballando a esgalla para facer un entroido de Banda Deseñada. Os recursos da Biblioteca Creativa e Polos Creativos botan fume: máquinas de coser, pistolas de silicona, teas, fíos, pinturas, cartóns... Aquí algúns detalles.
|
COELLIÑOS CON OVEIRAS #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de segundo recolle reciclados para crear un proxecto artístico con oveiras e cartón. Así dan vida a uns coellos cheos de tenrura e fantasia. O resultado foi máis que gratificante, o control do espazo de traballo cada vez é máis preciso, da gusto ver os avances!
Engadimos marcapáxinas por se é do gusto dalguén.
|
CLUB LECTURAS #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
"LULA PERDEU A LUZ" - ENSAIOS #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ídevos preparando que os Vagalumes xa están a piques de estrenar a súa obra "Lula perdeu a luz". Será este venres 31 en dous pases de mañá e tarde. Entradas reservadas con invitación. Aquí podedes velos nun ensaio no Auditorio de Cedeira, ao que temos que agradecer o seu espazo. E por suposto a Quique Vázquez a súa implicación, bos consellos e control da parte técnica.
|
VIVA O TEATRO! #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa achegándose á fase final, os Vagalumes seguen cos ensaios de teatro, neses días incidiron na organización e situación do espazo no escenario. Semella sinxelo, pero non o é, unha aprendizaxe básica. Coñecer o noso corpo, o que ocupa no espazo, ter en conta o das demais actrices e actores. Ter presente o espazo necesario para o atrezzo, un plano mental continuo e cambiante, nesta obra de cinco actos. Hoxe tamén fixeron proposta de título e mañá tocará decidir, entre todos, cal é o máis apropiado. Para así, poder comezar co deseño do cartaz, invitacións...
|
"MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Coa intención de facer que as tradicións perduren, refresquemos a memoria e practiquemos en familia! Proxecto "Música, Maestro!" Gracias Mari Luz Lorenzo!
|
XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE - LIMPEZA DA PRAIA CO GREEN CLUB #ALFIN #AMI #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
RECREOS NA BIBLIO #VoluntariadonabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Gracias á colaboración do voluntariado escolar podemos levar a cabo unha manchea de actividades na biblioteca. Gracias rapazada!
|
Letras Galegas 2024 #bescolaresgal #ConcellodeCedeira #letrasgalegas2024 #LuisaVillalta #bescolaresgalabertas |
LETRAS GALEGAS 2024 Literarrúa 2024. Víchedes algún cartel novo polas rúas de Cedeira? O concello de Cedeira ofreceunos encher a Vila de versos galegos relacionados cos nomes das rúas e claro que quixemos participar nesta iniciativa. Aquí deixamos o vídeo do noso traballo.
Onte, fomos ao auditorio a seguir conmemorando as Letras Galegas cunha actividade moi lúdica e creativa. Os rapaces do Correo do Vento, ensináronnos cancións, moitas palabras divertidas e sobre todo... ensináronnos a debuxar a Luisa Villalata.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - TERCEIRO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FORMACIÓN RADIO NA BIBLIO #BibliotecaCreativa #Radionabiblio #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5º de primaria recibiú formación de radio para mellorar as súas competencias neste medio. Quique Vázquez foi o encargado da formación, que combinou radio e teatro.
Foi unha formación intensa e gozada da que deixamos aquí constancia.
|
OBRADOIRO DE COSTURA #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Tres xeneración nun obradoiro de costura! Avoa, nai (Laura) e filla aliadas na empresa de realizar unha pequena formación coa máquina de coser. Gracias por adicar tempo á infancia!
|
XOGOS DE MESA - ESPAZO ARGALLEIRO #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
No espazo argalleiro temos unha inmensidade de xogos, tanto para xogo libre como para levar en empréstito. É unha actividade que promove valores, aprendizaxe de habilidades sociais, lectura de instrucións, xogo en equipo ou colaborativo. Moitas destrezas e motivación.
|
O RATO PÉREZ #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - AS AVOAS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Cinco mulleres empoderadas:
|
DESDE CÓRDOBA A SEVILLA - MARI LUZ LORENZO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mari Luz Lorenzo amosounos unha morea de cancións e xogos que foron transmitidos de xeito oral de avos/as a netos/as e hoxe perduran no tempo, pero cada vez están menos presentes no tempo de lecer da rapazada. Coa intención de facer que as tradicións perduren, refresquemos a memoria e poñamos en marcha música e xogo!
|
PEQUENA MOSTRA FONDOS EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Esta é unha pequena mostra de fondos sobre Educación Afectivo Sexual. Están a disposición de toda a comunidade educativa. Poden levalos á rapazada (os que están adaptados para a súa idade) ou os adultos (calquera día pola tarde, salvo os martes). Hai fondos para as crianzas e para os adultos.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CANCIÓNS 1º #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
XOGOS DE MESA - 2ª sesión #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Shaila e Adrián voltan ofrecer ao alumnado de tres anos un obradoiro de xogos de mesa, cada certo tempo cambiaban de xogo e comezaban unha nova partida. Os máis pequenos da escola xa se manexan que da gusto velos!
|
A MÚSICA DO XOGO E DO MAR #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nunha vila mariñeira como a nosa o simple son do mar é música para os nosos oídos. Aproveitando un recurso mariñeiro, Mari Luz Lorenzo, ensínanos a tocar as cunchas e unha morea de xogos para ter vivos na vida e na memoria. Así, xeración tras xeración manterá asegurada as nosas tradicións. Gracias Mari Luz!
|
ENSAIOS TEATRO #teatronaBE #radioescolar #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Vagalumes xa preparan a súa representación teatral, están montando sons na radio, deseñando o atrezzo, facendo ensaios case a diario e o máis importante, entender que todas e todos somos importantes e temos que colaborar, que isto é unha compañía que necesita de todos e todas para funcionar como unha máquina precisa de reloxeiro. Convivir, respectarse, tolerarse, entenderse... o teatro aporta unha inmensidade de valores que perdurarán nas súas vidas. Aprender a actuar, memorizar, facer súa a personaxe, a crear, a rir e chorar, pero o máis importante aprenden a quererse e coidarse.
|
DÍA DO LIBRO #DíaDoLibro24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #Makedo |
|
SON DE CEDEIRA - UNHA VILA CANTANDO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Queremos dar as gracias a todas e cada unha das persoas que se volcaron coa escola, tanto brindando información, como participando en innumerables obradoiros, actividades de documentación, gravacións en radio, identificación de persoas nas fotografías, realización de xogos, música, concertos ofrecidos... é tanto o que nos destes que rematamos cheos e cheas de orgullo pola nosa vila e as nosas xentes. Sabedes tanto, tanto, non sabemos se sodes conscientes do privilexio que temos. Sodes libros abertos e nós dámosvos as gracias. Para a memoria de todas e todos un recordo: "A praia do Varadeiro" ou "Son de Cedeira" (como guste).
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- seguinte ›
- última »