Título | Resumo |
---|---|
MARI LUZ - PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mari Luz Lorenzo amosounos dúas cancións para tocar coa pandeireta, de seguro que moitas e moitos as recordades. Coa intención de facer que as tradicións perduren, refresquemos a memoria e practiquemos en familia! Proxecto "Música, Maestro!"
|
PROBA CORES NA LUZ NEGRA #teatronaBE #AulaSensorial #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A obra de teatro dos Vagalumes ten un acto baixo luz negra. Así que primeiro tiveron que experimentar que cores poden verse nesta luz, así experimentaron na aula sensorial con esta luz.
|
SEMENTEIRA DOS APADRIÑAMENTOS LECTORES #Lecturascompartidas #TecendoRedes #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
AÍ VÉN O MAIO #Radionabiblio #bibliotecacreativa #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Agradecer ao alumnado de 3 anos e ás familias que crearon o Maio.
|
PREPARANDO OS APADRIÑAMENTOS LECTORES #Lecturascompartidas #TecendoRedes #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DESPEDIDA CLUB LECTURA "CHOCOLATE CON LIBROS" #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Pechamos un ciclo con dozura. Esperamos vervos con moitas máis l ecturas o vindeiro curso! Os que pasades para o IES, xa vistes que ten unha biblioteca fermosa, alí tamén teñen Club de Lecturas. Moitas historias agardan por vos!
|
OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dentro do espazo dos obradoiros e faladoiros do alumnado, Vega, Jairo e Antía levan a cabo un obradoiro de pizza. Pero todo isto ten un proceso, primeiro cubriron a ficha co que desexaban facer e neste caso os ingredientes, número de persoas ás que ía dirixido, temporalización... Logo veu o cartaz nos ordenadores táctiles da biblioteca e xa posteriormente marcar a data. Chegou o día e este é o resultado. Elas e eles que a probaron seica estaba boísima e hai lista de espera, así que terán que repetir.
|
AVALIACIÓN CLUBS DE LECTURA 5º E 6º PRIMARIA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
REDEIRAS POR UN DÍA #CeforeFerrol #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado da escola converteuse en redeiras e redeiros guiados por Paula do Mimo (Paula González López), co apoio do CFR de Ferrol.
|
ESPAZO #bibliotecaCreativa #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
O alumnado documéntase sobre o espazo, crea maquetas e prepara unha exposición oral cos datos recadados.
|
MOCHILAS VIAXEIRAS 5 ANOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os viaxes das mochilas viaxeiras de cinco anos están chegando ao seu fin. Seica gozaron do lindo na casa da rapazada!
|
BOWL DE FROITAS #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FEIRA DOS LIBROS - OBRADOIRO CÓMIC #bibliotecacreativa #Fomentodalectura #Mediaciónlectora #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Unha das actividades da Feira do Libro foi o obradoiro de cómic de Ares e Alicia Freire, unha fixo o guión e outro encargouse da ilustración. Foi fantástico!
|
PATIO LECTURA #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Estas son desas cousas que non esperas e que te enchen de emoción, esas cabeciñas ledas e bulideiras si que escoitan o que dicimos, non sempre o poñen en práctica cando desexamos. Pero un día, e sen previo aviso, alguén salta nun puff do patio de lectura e plooofff milleiro de boliñas brancas saen polo aire, non é neve non! Ese día é de sorpresa ao ver o patio verde totalmente branco. Ao seguinte, empezan a falar, a comentar e sen saber moi ben como, aparecen espallados polas paredes papeis que poñen: "Búscase voluntariado para limpar o patio de biblioteca", cada recreo o patio atibórrase de voraces crianzas adicadas a apañar boliñas e boliñas. Vasos, pinceis, escobas... e agora ata unha aspiradora é o seu obxecto no recreo. As profes observamos e guiamos (só se o solicitan, pois isto é unha xerra de ilusión a tantas verbas que crees que caen na nada). Cando queren saben como organizarse e sacar adiante o que se propoñan. Orgullo de rapazada!!
|
AVALIACIÓN CLUBS DE LECTURA 3º E 4º PRIMARIA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
MOITO DOCE EN FAMILIA #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A familia de Xoel veu realizar un obradoiro moi dulce. Pasteleiras e pasteleiros por un día!
|
O SISTEMA SOLAR - ATREZZO #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º A e B xa está rematando o seu atrezzo. Os veremos na súa estrea o 30 de maio en xornada de mañá e o 31 en xornada de tarde, con entrada reservada. A súa obra: "O Sistema Solar". Non volos perdades!
|
EXPERIMENTOS LAVA #bescolaresgal #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas |
|
AVALIACIÓN CLUBS DE LECTURA 2º PRIMARIA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DANZA DE AROS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Contounos Mari Luz Lorenzo que na vila só bailaron a Danza de Aros, dúas ou tres veces, pois realmente era cos aros das nasas e só o bailaban as nenas vestidas de branco e azul. A ela ensinóullela Pupé e como non tiñan gaiteros que souberan a peza a bailaban co "Antigo Reino de Galicia", que era o máis parecido. Era un baile fermoso, pero custoso e selectivo, hoxe os tempos mudaron. Quixemos retomar este baile, que Mari Luz acubilla con tanto amor cando fala del, pero adaptándoo aos nosos tempos, así que aquí bailamos todos. A verdade leva o seu tempo aprendelo, pero cando tiñan tódolos pasos traballados as caras enchíanse de felicidade, ao ver o que conseguiran. Quizais, sexa esta nova rapazada a que lle de mil voltas á Danza de Aros.
|
COLOFÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Como colofón do proxecto levado a cabo durante todo o curso escolar, toda a comunidade do CEIP Nicolás del Río, queremos convidar ás nosas xentes, á nosa vila a participar cantando "A praia do Varadeiro". Esta é só unha de toda a inmensidade musical que coñecemos e traballamos este ano, foi a canción que nos cantaron as avoas: Josefa Leonardo Díaz, Victorina Garrote Garrote, Consuelo Quintana García (Meni), Estrella Leonardo Martínez e Josefa López Rey. Ide practicando, que este venres 14 de xuño, ás 9:20h, vémonos no muro da praia da Madalena, con ou sen instrumento para cantar todos e todas xuntas. Deixámosvos, abaixo en ficheiros adxuntos, o mp3 coa versión que cantaremos. Se clicades arrriba veredes o vídeo coas estrofas que estamos ensaiando. Repetiremos a canción dúas ou tres veces para gravar e quedarnos coa mellor versión. Un proxecto de toda unha vila!
|
XEOPARQUE CABO ORTEGAL - XEOBRADOIROS #XeoparqueCaboOrtegal #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Xeoparque Cabo Ortegal ofreceunos unha charla sobre os diferentes minerais que podemos atopar na nosa contorna. Rexistramos tódolos nomes, pois estamos certos que será unha aprendizaxe a longo prazo, das importantes e necesarias. Coñecer e valorar o que temos e o punto de partida.
|
APADER ACTIVIDADES INTERCENTROS #bibliotecainclusiva #STEAM #LecturaeFamilias #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Continuamos con máis actividades intercentros coa asociación Apader. Rapazada disfrutando e aprendendo nun obradoiro artesá!
|
CANCIÓNS DE CORRO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aprendemos dúas cancións para xogar en corro coa axuda de Mari Luz Lorenzo. Que ben o pasamos e canto rimos! Novos xogos para o patio!
|
BIBLIOTECA LÍA #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Iniciamos un novo curso gracias á colaboración de todos e todas, pois xuntos aportamos ideas, solucións, afrontamos problemas e solucionamos do mellor xeito que podemos.
O inicio de curso non foi nada sinxelo, tíñamos a biblioteca cunha sala medio pechada por culpa dunha obra e tivemos que limpar, recoller, colocar estanterías, libros, materiais... Coma sempre, apareceron voluntarios (sen estar nin apuntados!), pero é que cando a biblio é túa porque nela pasas tempo, a creas, a gozas... vólcaste nela. Así sairon mans, voces e pensamentos para atallar os problemas que foron xurdindo. En poucos días, a sala abríu e xa usamos tódolos espazos. Para mostra estas fotografías!
Grazas a todas e cada unha deses fermosas persoas que estiveron colaborando! Sodes inmensas!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- seguinte ›
- última »