VISITA ÁS BIBLIOTECAS!
HOXE ESTAMOS DE ANIVERSARIO!
HOXE, 24 DE OUTUBRO, CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS!!
UNHA DAS ACTIVIDADES QUE LEVARON A CABO OS ALUMNOS DOS ÚLTIMOS NIVEIS FORON AS SAÍDAS ATA AS BIBLIOTECAS MÁIS PRÓXIMAS Á NOSA.
QUINTO DE PRIMARIA ACUDÍU Á BIBLIOTECA LÓPEZ CORTÓN, ONDE PUIDERON OBSERVAR O QUE SUPÓN UNHA REMODELACIÓN COMO A QUE ACABAN DE SOFRER, PERO QUE GARANTIRÁ MOITOS BENEFICIOS.
POR OUTRA BANDA, O ALUMNADO DE SEXTO ACHEGOUSE Á BIBLIOTECA IES PUNTA CANDIEIRA, NA QUE REALIZARON DOUS XOGOS: UN PARA COÑECER OS RECUNCHOS DA CDU A TRAVÉS DE QUEBRACABEZAS E OUTRO PARA COMPOÑER UN ABANO DE POESÍAS E POSTERIORMENTE RECITALAS, POSTO QUE ESTE ANO A POESÍA É O LEMA ESCOLLIDO POR BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA DALA A COÑECER E DIFUNDILA.
DEREITO AO VOTO... GRACIAS CLARA CAMPOAMOR!!
O DÍA 1 DE OUTUBRO CELEBRAMOS UNHA DATA MOI ESPECIAL. FAI 90 ANOS QUE A LOITA DA DEPUTADA CLARA CAMPOAMOR ABRÍU AS PORTAS ÁS MULLERES NO DEREITO AO SUFRAXIO. POR MOITAS MÁIS QUE VIRÁN PORQUE AÍNDA QUEDA MOITO CAMIÑO POR PERCORRER.
Podedes atopar moitos máis libros sobre valores, emocións... na nosa Biblioteca.
Ven a visitarnos!
FORMACIÓN DE USUARIOS - VOLUNTARIADO
COMEZAMOS O CURSO CON DÚAS NOVIDADES:
- O ALUMNADO USUARIO DA BIBLIOTECA COLLERÁ O MARCADOR DE LIBROS AO ENTRAR.
- REALIZAREMOS QUENDAS POR CURSO, TOCANDO A DOUS DÍAS Á SEMANA PARA CADA CURSO E OS LUNS DE OBRADOIROS.
(Poden consultarse as quendas na biblioteca e na aula).
O ALUMNADO DO CENTRO REMATOU CON ÉXITO A FORMACIÓN DE USUARIOS A TRAVÉS DUNHA PEQUENA CHARLA E UNHA SERIE DE ACTIVIDADES INTERACTIVAS, NAS QUE O PRINCIPAL OBXECTIVO É A LOCALIZACIÓN DOS LIBROS NA CDU E NAS DÚAS SALAS. ASÍ ROTARON POR ACTIVIDADES COMO:
- LEVAR O LIBRO Á SÚA SALA CUN BLUE BOT.
- LOCALIZAR O LIBRO NA CDU CON BLUE BOT, ESCORNABOTS, MBOT...
- COLOREAR A CDU.
- INSTAURAR AS PRIMEIRAS NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA.
- USAR O MARCADOR NA ENTRADA E NA LECTURA.
- PROBAR OS NOSOS COÑECEMENTOS CUN KAHOO.
POR OUTRA BANDA, O ALUMNADO VOLUNTARIO XA COLABORA NA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA NO TEMPO DE LECER.
EN QUENDAS SEMANAIS, REPARTIDAS NOS TRES TRIMESTRES, OS E AS AXUDANTES REALIZARÁN O PRÉSTAMO INFORMATIZADO, FARÁN UN REXISTRO DO USO DAS TICS, MANTERÁN OS FONDOS ORDENADOS NOS ANDEIS, ACONSELLARÁN AO ALUMNADO USUARIO...
ASÍ QUE VOS DAMOS AS...
GRACIAS POR AGASALLARNOS CO VOSO TEMPO!!!
SAN XOÁN "De festas pola vila!"
O alumnado de 2º A e de 1º de Bacherelato despiden o proxecto "De festas pola vila!" coa celebración do San Xoán. Unha data cargada de aromas e flores e que deixa pegadas, lazos e emocións en todos os que nel participaron.
AGASALLANDO Á BIBLIOTECA
Este ano o PLAN LÍA trouxo moitas melloras á nosa Biblioteca Carlos Labraña. O alumnado viviunos con ilusión, axitación e involucrándose neles. Tanto é así que temos que agradecer enormemente as aportacións das familias de Morena (que trouxo unhas colecións de enciclopedias fabulosas que xa están catalogadas e a disposición da comunidade escolar), de Lucía Bellas que engalanou a entrada cun fermoso reloxo de Percebín feito a man e de Emily que proporcionou unha manchea de xogos de mesa para pasar o tempo de recreo.
CRÓNICAS DUN MAR AZUL E NEGRO
Que vaia a nosa gratitude ás familias e veciños por acompañarnos esta mañá.
EMOCIONANTE.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PODES ACCEDER DENDE AQUÍ AO VÍDEO DOS BENIGNOS.mp4 | 12 MB |
CRÓNICAS...ATALAIA DO MUSEO MARES DE CEDEIRA
Documental que recolle investigacións feitas na escola. Un traballo de etnografía adicado a tres sucesos que no seu tempo tinguiron de negro a vila de Cedeira.
A nosa memoria.
MURALLAS DE CEDEIRA
HOXE O ALUMNADO DE 3º A ACHEGOUSE ATA A BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA PARA COMPARTIR A DOCUMENTACIÓN ACADADA E O PROCESO DE REALIZACIÓN DO PROXECTO "AS MURALLAS DE CEDEIRA".(mirar anexo)
FORON QUEN DE TRANSMITIR AS SÚAS VIVENCIAS E CONTESTAR A TODAS AS PREGUNTAS FORMULADAS.
AGORA ESTE ALUMNADO DO IES, (de niveis comprendidos entre 1º de E.S.O. e 2º de Bacherel) EMPRENDERÁN UNHA ANDAINA DE TRADUCIÓN A DIFERENTES IDIOMAS DO NOSO TRÍPTICO E IGUAL CA NÓS GRAVARAN OS VÍDEOS NA SITUACIÓN DAS PORTAS.
SERÁN OS ENCARGADOS DE ABRIR A HISTORIA DO NOSO POBO A OUTROS DE POBOS DIFERENTES.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
EXPOSICIÓN.pdf | 7.5 MB |
OBRADOIRO DE CARTAS
NA BIBLIOTECA PERCEBÍN ESTÁ SEMPRE DISPOSTO A RECIBIR E CONTESTAR CARTAS AO NOSO ALUMNADO. TENDO EN CONTA A SÚA OPINIÓN, DECIDIMOS PLANIFICAR UN OBRADOIRO DE ESCRITURA PARA MELLORAR A COMPETENCIA NA COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.
ASÍ QUE MIRAMOS O CURRÍCULO E ESTABLECEMOS OS ESTÁNDARES DE LINGUA GALEGA PARA CADA NIVEL (mirar anexo).
A ACTIVIDADE FOI UN ÉXITO E TIVO UNHA GRANDE AFLUENCIA.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CARTAS A PERCEBÍN.odt | 22.67 KB |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- …
- seguinte ›
- última »