Skip to main content

PATRIMONIO INMATERIAL

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA VOLTAN A FUNDIRSE NUN NOVO PROXECTO. ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DO IES PUNTA CANDIEIRA E OS VAGALUMES DE 3º A QUEREN SABER DO PATRIMONIO INMATERIAL. ASÍ É O SEU INICIO.

PROXECTO CORRESPONDENCIA

O alumnado de 3º A, os Vagalumes, inician un proxecto de correspondencia con nenas e nenos dun centro de Viveiro. Durante todo o curso escolar comunicaránse de diversas maneiras. Neste primeiro trimestre utilizaron a carta.

Máis detalles no blog dos Vagalumes

  

TERTULIAS DIALÓXICAS

A TERTULIA DIALÓXICA É UNHA PRÁCTICA DE LECTURA DIALÓXICA QUE CONSISTE NUN ENCONTRO AO REDOR DA LITERATURA, NO QUE CADA UN DOS PARTICIPANTES LEN E DEBATEN DE XEITO COLECTIVO OBRAS CLÁSICAS DA LITERATURA UNIVERSAL. 

NESTE CASO OS VAGALUMES DE 3ºA E AS FAMILIAS VOLUNTARIAS ESTÁN COA OBRA "EL LIBRO DE LA SELVA" DE RUDYARD KIPLING. NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE ESCOLLERON A OBRA E INICIARON A TERTULIA DO 1º CAPÍTULO.

MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DOS VAGALUMES.

 

 

PORTAS ABERTAS ÁS FAMILIAS

AS FAMILIAS XA PUIDERON GOZAR DO SEU ESPAZO PARTICULAR NA BIBLIOTECA E COÑECER O QUE REALIZA O ALUMNADO NELA.

DESFRUTARON DE TRES XORNADAS DE PORTAS ABERTAS ONDE RECIBIRON UNHA PEQUENA CHARLA SOBRE O MATERIAL DO

QUE DISPÓN CADA SALA, COMO E CANDO SE USA, OS PROXECTOS NOS QUE ESTAMOS INMERSOS, COMO É O TEMPO DE

RECREO, OS PRÉSTAMOS AO ALUMNADO E ÁS FAMILIAS... E PARA QUE TAMÉN TIVERAN UNHA EXPERIENCIA PRÁCTICA

PASARON POLOS DIFERENTES OBRADOIROS NOS QUE TAMÉN TRABALLA O ALUMNADO: ESCORNABOTS, LEGO, PANTALLAS

TÁCTILES, OBRADOIRO DE ESCRITURA...

    

    

 

GUÍA DE USUARIO DA BIBLIOTECA

 

MEDRANDO NA IGUALDADE

DENDE A BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA" APOSTAMOS POR MEDRAR EN IGUALDADE INCORPORANDO NOVAS LECTURAS SOBRE ESTE TEMA. NESTAS IDADES PARA ACTUAR CONTRA A VIOLENCIA, PRIMEIRO TEMOS QUE DAR EXEMPLO: LIBROS, XOGOS, XOGUETES... SON DE PERSOAS, NON DE NENAS E DE NENOS. DESEXAMOS CREAR E MEDRAR NUNHA SOCIEDADE XUSTA, PACÍFICA E IGUALITARIA.

NON DUBIDEDES EN LER AS NOVAS ADQUISICIÓNS!

OBRADOIRO DE CARTAS

CARTAS A PERCEBÍN...

Percebín, a nosa mascota da biblioteca, énchese de ledicia coas cartas que recibe do noso alumnado e por suposto responde. Se deciden facelo a través do noso obradoiro de escritura, a carta chega ata a casa da alumna ou alumno participante. 

Este taller complementa á lectoescritura e evidentemente esta amparado curricularmente, mediante o DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

                 

RECREOS E REALIDADE AUMENTADA!

NOS RECREOS O NOSO ALUMNADO ACUDE Á BIBLIOTECA PARA LER, PENSAR E CREAR,  REALIZANDO DIFERENTES ACTIVIDADES NAS QUE UTILIZAN AS NOVAS TECNOLOXÍAS. SOMOS UNHA BIBLIOTECA CREATIVA E POLO TANTO...

UNHAS VECES ENTRAN E LEN...

   

 E SE O QUEREN LEVAR, COLLEN O SEU CARNÉ E PODEN DISPOÑER DO LIBRO OU DA PELÍCULA POR QUINCE DÍAS. SE É NECESARIO O VOLVEN A RENOVAR.

OUTRAS E OUTROS ENTRAN A COLOREAR E SACARLLE PROVEITO Á REALIDADE AUMENTADA COS IPADs...

CON IMAXINACIÓN E UNHA MESA DE LUZ, ALGÚNS CREAN CONTOS FERMOSOS...

E SEMPRE HAI QUEN QUE PODE REPRESENTAR ESAS HISTORIAS, NO RECUNCHO DE DISFRACES...

NA DIVERSIDADE ESTÁ O GUSTO E POR ISO TEMOS PEQUENOS E PEQUENAS CREADORES DE MUNDOS STEM CON LEGO, NA ZONA DE ROBÓTICA...

AS PANTALLAS, PERMITEN ESCRIBIR A VARIAS PERSOAS Á VEZ, E XOGAR XUNTOS NO NOSO MUNDO DIXITAL. SE O QUE QUEREMOS É BAILAR, POIS TAMÉN...

E MOITAS, MOITAS COUSAS MÁIS... QUE NUNHA BIBLIOTECA CREATIVA CALQUERA PODE INVENTAR!!

 

 

CONTOS POP-UP!!

O ALUMNADO DE 5 ANOS DE E.I. E DE 1º DE EDUC. PRIMARIA REALIZOU UNHA SAÍDA DIDÁCTICA PARA DISFRUTAR DOS "CONTOS POP-UP" DE FÁTIMA FERNÁNDEZ, NA BIBLIOTECA MUNICIPAL "LÓPEZ CORTÓN".

GRACIAS A FÁTIMA, ÁNGELES E  LUCÍA POLO SEU RECIBIMENTO!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES! PARTILLA OS TEUS LIBROS!

CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS E COA INTENCIÓN DE QUE CALQUERA PERSOA POIDA DISFRUTAR DA LECTURA NA RÚA OU NA CASA,  AS TRES BIBLIOTECAS DA VILA: BIBLIOTECA PUNTA CANDIEIRA, BIBLIOTECA MUNICIPAL LÓPEZ CORTÓN E BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA, CO APOIO DO CONCELLO DE CEDEIRA (NA SÚA FINANCIACIÓN), VEÑEN DE POÑER TRES PUNTOS DE LECTURA MEDIANTE A COLOCACIÓN DE TRES CASIÑAS DE MADEIRA CON LIBROS PARA DIFERENTES IDADES, SITUADAS NO EDIFICIO DO AUDITORIO, NO POLIDEPORTIVO E NO CONCELLO DE CEDEIRA.

AQUÍ CADA QUEN PODERÁ COLLER UN LIBRO E DEPOSITAR OUTRO NO SEU LUGAR. UNHA PREMISA MOI IMPORTANTE É QUE O QUE DEIXEMOS SEXA DE CALIDADE DO MESMO XEITO QUE O QUE RECIBIMOS.

ANIMAMOS A TODO O POBO A PARTICIPAR!