Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo) ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal Telf.:982828216/15
Fondo Libros e Axuda a material (Primaria)
Prazo de presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Alumnado matriculado en 3º E 4º de educación primaria.
AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO
Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).
AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Alumnado de todos os cursos de educación primaria.
DOCUMENTACIÓN
- Solicitude de participación (Anexo I)
- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
- Copia do libro de familia ou documento equivalente.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.
PRESENTACIÓN
As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados nos seguintes enlaces:
- Na aplicación da Consellería de Educación FONDOLIBROS
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia
Ou de forma presencial na DIRECCIÓN do centro, presentando os seguintes impresos. Se se queren en papel os anexos pedilos a través dos nenos/as.
O alumnado de sexto poderá presentar en papel a documentación na secretaría do CEIP Monte Baliño pero a recollida dos vales farana no IES A Pinguela.