Skip to Content

Aula de Informática

 

Dende hai anos a nosa escola está permanentemente en proceso de mellora da súa dotación, hoxe por hoxe cada aula, dende Infantil a Primaria, ten dous ordenadores como recurso de aprendizaxe na mesma aula e coa súa conexión a un servidor central que almacena todos os recursos e programas. Ademais o traballo feito en recursos TIC levou a dotar a aula de informática con 19 ordenadores en rede, a biblioteca conta con catro estacións de consulta, na sala de mestres, nos departamentos de Orientación, AL e PT, aula de música, etc. En total contamos cunha dotación de 60 equipos conectados en rede interna ampliada a partir da orixinal, grazas ao traballo de mestres e mestras que colaboraron no proxecto.

Neste curso estamos a desenrolar os portátiles con sistema operativo linux, repartidos entre as titorías e a aula de informática ao servizo de mestres e alumnos. 

Estes dous derradeiros anos lévase a termo un grupo de traballo, de formación en centro para desenrolar actividades adaptadas, en diferentes soportes para acadar os obxectivos, o noso principal reto é o aprendizaxe e por el e para el levamos a diante todo tipo de proxectos e actividades: paquetes clic clasificados e secuenciados por áreas e ciclos e niveis, actividades de soporte para o aprendizaxe de linguas, lectoescritura, adaptamos programas para facilitarlles o traballo.

Coa dotación das aulas Abalar no 3º ciclo, cada alumno/a ten un portátil con linux para o seu servizo, ademais do titor/a e do encerado dixital interactivo.

 



blog | by Dr. Radut