Orientación

VISITA GUIADA AO INSTITUTO

O día 18 de xuño ás 16,15 tivo lugar no salón de actos do IES " Basanta Silva" unha reunión informativa sobre a escolarización en dito Centro e posteriormente unha visita guiada polo instituto co fin de ir tomando contacto coa súa nova etapa educativa.

A esta visita puido asistir o alumnado de 6º de primaria acompañado do pai/nai/ titor-a legal.

CHARLA ORIENTATIVA PARA 6º DE PRIMARIA

A orientadora do IES "Basanta Silva" acudíu ao Centro o día 30 de maio as 13,30 para informar ao alumnado de sexto de primaria de distintos aspectos sobre a súa escolarización no Instituto o próximo curso.

MERENDA SAUDABLE EN EDUCACIÓN INFANTIL

O venres, día 17 de xuño, o alumnado de Educación Infantil celebrou unha merenda a base de alimentos sans  facendo fincapé na importancia do seu consumo para o coidado da saúde. Esta actividade realízase coa colaboración do Equipo de Educación Infantil e do Departamento de Orientación do centro.

Distribuir contido