Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Libros de Texto 2022/2023

Libros de texto 22/23

Facendo clic na imaxe pódese acceder ao listado de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2022/2023.

**Correccións de erros nos listados de libros de texto

Advertíronse erros nos ISBN dos listados de libros.

Os datos correxidos son os seguintes:

3º de Educación Primaria:

- Matemáticas 3º (3 trimestres), Operación Mundo, Edit. Anaya, 2022, ISBN 9788469899618

- Inglés 3º:

 Open Up 3 Class Book with Digital Book, Editorial Oxford, 2022, ISBN 9780194072618           

 Open Up 3 Activity Book+ ALK with Digital Book, Oxford, 2022, ISBN 9780194072373

5º Curso de Educación Primaria:
Arts and Crafts Primary 5, Edit. Anaya, ISBN 978-84-678-5014-7

6º Curso de Educación Primaria:
Utilizan o mesmo libro de Plástica de 5º (Arts and Crafts Primary 5, Edit. Anaya, ISBN 978-84-678-5014-7)

 

 

Apertura de prazo de solicitude de Comedor e Madrugadores para o Curso 2022/23

Comedor

Segundo nos comunicou a ANPA do centro, desde mañán día 1 e ata o 17 de xuño (ambos incluidos) ábrese o prazo para solicitar praza do comedor do centro e do servizo de madrugadores xestionado pola ANPA Agarimo coa empresa Jardanay.

No mes de setembro abrirán un prazo extraordinario do 1 ao 4 (ambos incluidos) para que poidan anotarse os que asi o desexen, sempre que queden prazas vacantes e para os novos alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil, xa que haberá novas familias que por seren novas no colexio descoñezan as datas do mes de xuño.

Mais información na páxina web da ANPA: https://anpa-agarimo.es/

No correo electrónico: anpa.agarimo@gmail.com

No teléfono da Asociación: 607042949

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23

Prazo: do 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (ambos os dous incluidos)

A Consellería de Cultura,Educación e Universidade convocou no DOG de hoxe (18 de maio) estas axudas de xeito unificado e nunha mesma e única solicitude.
Requisitos:
•Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial no vindeiro curso escolar 2022/2023
•Ter unha renda per capita familiar inferior a 10.000 € anuais no exercicio fiscal 2020.
•Ter devoltos os libros adquiridos coas axudas do curso 2021/22. (alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP)
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a  través  da aplicación Fondo libros ou da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Poden presentarse tamén na Secretaría do Colexio no horario correspondente acompañada da fotocopia do Libro de familia e da documentación que fose necesaria (sentenza xudicial en caso de separación ou divorcio e/ou convenio regulador). Na mesma solicitude incorporaranse todos os irmáns matriculados no centro. O prazo finaliza 22 de xuño de 2022.
As contías das bolsas para adquisición de libros, compra de material escolar ou libros aos que se teñen dereito varían segundo os ingresos da unidade familiar no exercicio fiscal 2020, que haberá que dividir entre os membros computables (renda per cápita familiar).

A que axudas se pode optar presentando a solicitude?

a)Alumnado de 1º e 2º EP para o curso 2022/23: Vale para adquisición de libros de texto e vale para material escolar.
b)Alumnado de 3º, 4º e 6º EP para o curso 2022/23: Acceso ao préstamo de libros de texto do Fondo Público da Xunta, e vale para material escolar.
c)Alumnado de 5º de EP, contará o vindeiro curso escolar con EDIX-GAL, poderá acceder a vale de material escolar.
Unha vez que a solicitude estea debidamente tramitada e validada pola Administración, o Centro xerará un ou máis vales, nos casos que corresponda, e que serán entregados ás  solicitantes, co que poderá adquirir os libros de texto no establecemento que se decida, e polo importe máximo que figura nese vale (210€ ou 140€) e 275 € alumnado NEAE ou discapacidade ≥ 65% , e/ou tamén material escolar polo importe de 50€, se fora o caso.
Os beneficiarios do Fondo Público de Libros de Texto (3º a 6º EP) terán dereito a recibir en préstamo, un número determinado de libros (entre 6 e 4), que dependerá dos ingresos acreditados, e ademáis, comprométense a conservar en bo estado os libros de texto recibidos, e deberán entregalos no Colexio ao remate do curso 2022/23, mantendo así, o fondo público de libros de texto do Centro.

Aspectos importantes a ter en conta
• Respecto  da  solicitante ou do solicitante
A presentación da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para comprobar, a través da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Facenda, a veracidade dos datos de carácter tributario declarados na solicitude, sendo necesaria tamén a autorización do resto dos membros computables da unidade familiar que obteñan ingresos, que deberán asinar para tal fin o citado anexo correspondente e indicar o seu  NIF/NIE.
•A discapacidade do 33% ou máis, de calquera membro da unidade familiar computará por dous.
•Non  será  computable a  persoa  proxenitora que  non  conviva  co  alumnado  nos casos  de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.
•En todo caso, terase en conta a situación persoal e unidade familiar a 31 de decembro de 2020.
Mais información:
Horario de Secretaría: de luns a venres de 9:00 a 13:30 h. Luns pola tarde de 16:00 a 18:00 h.
Circular do centro
Preguntas frecuentes
Manual do cidadán
Anexo I (solicitude)
Anexo II (Membros computables da unidade familiar)

Publicación da listaxe definitiva Admisión 2022/23

No día de hoxe procedemos a publicar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no proceso de admisión para o vindeiro curso escolar 2022/2023.

O alumnos a alumnas de 4º de educación Infantil están todos admitidos.

Toda a información relativa ao proceso encóntrase publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro. Tamén poden acceder telemáticamente única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

A impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas poderá realizarse mediante recurso de alzada
ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa.

A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2022.

 

 

Directrices sobre o uso das máscaras

No seguinte enlace poderán acceder ás directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no portal da Consellería o día 21/04/2022

Directrices

 

Real Decreto 286/2022

No BOE do día de hoxe publicouse o Real  Decreto  286/2022,  de  19  de  abril,  por  el  que  se  modifica  la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19.
Poden acceder ao mesmo no seguinte enlace:
https://www.boe.es/boe/dias/2022/04/20/pdfs/BOE-A-2022-6449.pdf
Un saúdo.
A dirección do centro

Entroido 2022

Bolsas de Comedor Concello da Coruña 2022/23

No Boletín Oficial da Provincia do día 23 de febreiro de 2022 publicouse a convocatoria de Bolsas de Comedor para o vindeiro curso escolar 2022/23. O prazo de solicitudes será desde o 2 ata o 31 de marzo de 2022. Mais información na páxina web do Concello.Bolsas Comedor Concello da Coruña

Admisión de alumnado 2022/2023

Admisión 2022.23

Como en cursos anteriores, publicouse o procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2022/2023

Enlace á publicación da Consellería de Educación aqui.

Acceso á aplicación Admisión alumnado, aqui.
A continuación resumimos brevemente os procesos e prazos diferenciados:
- Reserva de praza en centros adscritos (para os de 6ºEP ao IES Agra do Orzán): do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro. O vindeiro mércores, 19 de xaneiro, o alumnado de 6º recibirá a visita de profesorado do instituto para dar a coñecer á súa oferta formativa.  Os alumnos e alumnas levarán ese día para casa o anexo I que deberán devolver ás titoras debidamente cumplimentado antes do día 26 de xaneiro para poder solventar en prazo posibles erros.
- Sorteo público na Consellería para determinar letra de desempate.  Na derradeira semana de febreiro.
- Publicación das vacantes ofertadas. (antes do 1 de marzo)
- Presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso 22-23. (do 1 ao 20 de marzo)
- Publicación de listaxes provisionáis de admitidos. (antes do 25 de abril)
- Publicación de listaxes definitivas de admitidos. (antes do 15 de maio)

**No mes de febreiro publicarase toda a información e documentación necesaria para o proceso de solicitude de praza. Tamén publicaremos a posible data do día de portas abertas, que será presencial ou virtual, dependendo da situación da pandemia nese momento.

**LEMBRASE A TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL A 5º DE PRIMARIA, QUE NON TEÑEN QUE REALIZAR NINGÚN TRÁMITE PARA CONTINUAR NO COLEXIO O VINDEIRO CURSO, A RENOVACIÓN É AUTOMÁTICA.

INFORMACIÓN IMPORTANTE DO PROCESO DE ADMISIÓN 2022/23

Do 1 ao 21 de marzo (ambos os dous) estará aberto o prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso escolar 2022-2023. A solicitude, xunto co resto da documentación necesaria en cada caso, pode presentarse telemáticamente na sede electrónica, ou presencialmente na secretaría do colexio en días lectivos e no horario da mesma situado na porta principal.
Documentación necesaria para a realización deste trámite:

De luns a venres de 9:00 h a 13:30 h. Luns pola tarde de 16:00 a 18 h.

 COÑECE O NOSO CENTRO (Visita virtual)

 Algo mais do centro:

Bo Nadal 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut