AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23
Prazo: do 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (ambos os dous incluidos)
A Consellería de Cultura,Educación e Universidade convocou no DOG de hoxe (18 de maio) estas axudas de xeito unificado e nunha mesma e única solicitude.
Requisitos:
•Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial no vindeiro curso escolar 2022/2023
•Ter unha renda per capita familiar inferior a 10.000 € anuais no exercicio fiscal 2020.
•Ter devoltos os libros adquiridos coas axudas do curso 2021/22. (alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º EP)
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través da aplicación Fondo libros ou da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Poden presentarse tamén na Secretaría do Colexio no horario correspondente acompañada da fotocopia do Libro de familia e da documentación que fose necesaria (sentenza xudicial en caso de separación ou divorcio e/ou convenio regulador). Na mesma solicitude incorporaranse todos os irmáns matriculados no centro. O prazo finaliza 22 de xuño de 2022.
As contías das bolsas para adquisición de libros, compra de material escolar ou libros aos que se teñen dereito varían segundo os ingresos da unidade familiar no exercicio fiscal 2020, que haberá que dividir entre os membros computables (renda per cápita familiar).
A que axudas se pode optar presentando a solicitude?
a)Alumnado de 1º e 2º EP para o curso 2022/23: Vale para adquisición de libros de texto e vale para material escolar.
b)Alumnado de 3º, 4º e 6º EP para o curso 2022/23: Acceso ao préstamo de libros de texto do Fondo Público da Xunta, e vale para material escolar.
c)Alumnado de 5º de EP, contará o vindeiro curso escolar con EDIX-GAL, poderá acceder a vale de material escolar.
Unha vez que a solicitude estea debidamente tramitada e validada pola Administración, o Centro xerará un ou máis vales, nos casos que corresponda, e que serán entregados ás solicitantes, co que poderá adquirir os libros de texto no establecemento que se decida, e polo importe máximo que figura nese vale (210€ ou 140€) e 275 € alumnado NEAE ou discapacidade ≥ 65% , e/ou tamén material escolar polo importe de 50€, se fora o caso.
Os beneficiarios do Fondo Público de Libros de Texto (3º a 6º EP) terán dereito a recibir en préstamo, un número determinado de libros (entre 6 e 4), que dependerá dos ingresos acreditados, e ademáis, comprométense a conservar en bo estado os libros de texto recibidos, e deberán entregalos no Colexio ao remate do curso 2022/23, mantendo así, o fondo público de libros de texto do Centro.
Aspectos importantes a ter en conta
• Respecto da solicitante ou do solicitante
A presentación da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para comprobar, a través da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Facenda, a veracidade dos datos de carácter tributario declarados na solicitude, sendo necesaria tamén a autorización do resto dos membros computables da unidade familiar que obteñan ingresos, que deberán asinar para tal fin o citado anexo correspondente e indicar o seu NIF/NIE.
•A discapacidade do 33% ou máis, de calquera membro da unidade familiar computará por dous.
•Non será computable a persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.
•En todo caso, terase en conta a situación persoal e unidade familiar a 31 de decembro de 2020.
Mais información:
Horario de Secretaría: de luns a venres de 9:00 a 13:30 h. Luns pola tarde de 16:00 a 18:00 h.
Circular do centro
Preguntas frecuentes
Manual do cidadán
Anexo I (solicitude)
Anexo II (Membros computables da unidade familiar)