Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Admisión Alumnado 2024/2025

Proceso de Admisión alumnado 2024/25

 

Normativa reguladora

Información xeral

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

Así mesmo, a admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado, se o tivese.

 

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes de admisión (ED550B) comprende entre o día 1 e o 20 de marzo (ambos incluídos).

  

Onde se pode conseguir á solicitude.

Os formularios de admisión normalizados de solicitude (ED550B anexo II) e de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora (ED550 anexo II-bis) estarán accesibles:

a)  Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

b)  No portal educativo no enderezo  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42051

c)  Nas dependencias dos centros docentes.

Lugar de presentación.

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

 

** Na conserxería do centro estarán disponibles os impresos para as persoas que o desexen

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Para a presentación presencial na secretaría do centro, poderá realizarse no horario habitual da mesma que é o seguinte:

De luns a venres: de 9 a 13:30 horas

Luns lectivos pola tarde: de 16 a 18 horas

 

Que documentación debo presentar

Xunto co formulario de solicitude ED550B (anexo II), deberá presentarse:

a) Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e de consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).

b) Documento acreditativo da representación (DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente).

c)  Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar (deberán traer o libro para o seu cotexo)

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais copia da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Máis información

Coñece o noso centro

Tour virtual

VACANTES DO CENTRO (a 29 de febreiro de 2024)

Curso Prazas Vacantes que oferta o centro
4º Ed. Infantil 60 51+ 9 alumnado de nee
5º Ed. Infantil 75 2
6º Ed. Infantil 75 0
1º EP 75 0
2º EP 75 0
3º EP 75 0
4º EP 75 0
5º EP 75 0
6º EP 75 0

 

Toda a información actualizada relativa ao proceso de admisión e reserva, así como os enlaces á normativa reguladora e aos formularios de solicitude, estará dispoñible nesta páxina web e no tablón de anuncios do centro.

 .-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-


Dende o 15 de xaneiro actívase o procedemento de admisión de alumnado para colexios e institutos públicos e concertados. Nunha primeira fase corresponde facer a reserva de praza para os centros adscritos. No noso caso todo o alumnado de 6º de Educación Primaria interesado en continuar estudos de secundaria no IES Agra do Orzán (instituto ao que estamos adscritos) terá garantizada a praza sempre que realice o trámite de reserva de praza antes do 5 de febreiro, e o número de solicitudes non supere ás prazas ofertadas.
As familias poderán entregar a súa solicitude de reserva de praza no noso centro ás titoras ou na secretaria (o colexio enviará a documentación ao instituto o día 5 de febreiro)
No caso de solicitude de prazas para 4º de Educación Infantil (3 anos) ou para calquera outro curso, ou cambio de centro, o prazo será do 1 ao 20 de marzo. Para esta parte do proceso de admisión, publicaremos as vacantes, información e instruccións detalladas na segunda quincena de febreiro.

Xornada de portas abertas 2024

Bo Nadal

Datas das reunións de inicio de curso escolar

As datas das reunións do profesorado coas familias previas ao inicio do curso escolar son as seguintes deste mes de setembro:

4º de Educación Infantil (3 anos)-- Mércores 6 ás 12 h.

1º de Educación Primaria -- Xoves 7 ás 11 h.

3º de Educación Primaria -- Mércores 6 ás 12 h.

Publicación de Listaxes Provisionais de Fondo Libros 2023/2024

As LISTAXES PROVISIONAIS de admitidos/as do Fondo de Libros poderán consultarse dende hoxe, día 3 de xullo, no taboleiro de entrada do colexio e na aplicación FondoLibros usando a Chave365, certificado dixital ou DNI electrónico.

O prazo de reclamación a estas listaxes será os días 4 e 5 de xullo

As listaxes definitivas serán publicadas o 6 de xullo.

As listaxes de beneficiarios/as dos VALES para a adquisición de libros de texto e/ou material non se publicará (segundo a Lei de protección de datos) e poderán ser consultadas na administración do centro de 10 a 13h.

A entrega de vales de adquisición de libros de texto (1º e 2º de primaria) e vales de material será os días 7 e 10 de xullo en horario de 10 a 13h.

RECTIFICACIÓN LISTAXES EMENDA DE SOLICITUDES BOLSAS COMEDOR CONCELLO A CORUÑA

Achegamos documento con rectificación para as bolsas comedor. O novo prazo para as solicitudes remata o 12 de xullo. Na seguinte ligazón teñen acceso ao documento.

RECTIFICACIÓN PUBLICACIÓN LISTAXES EMENDAS BOLSAS COMEDOR CURSO 2023-2024

 

 

 

 

 

Material escolar 2023/2024

Material escolar 23/24

 

Nos seguintes enlaces poden acceder ao material escolar para o vindeiro curso escolar 2023/2024 por niveis educativos

Material 4º de Ed. Infantil

 

Libros de texto 2023/24

Listado de Libros de texto para o curso 2023/2024, facendo clic na imaxe superior.

* Correxido erro no libro de Inglés de 2º de Primaria.

** Correxido erros en ISBN dos libros de matemáticas 3º Primaria e inglés e Inglés de 4º de Primaria

Matemáticas 3º:  (3 trimestres), Operación Mundo, Edit. Anaya, 2022    9788469899618

Inglés 3º: Open Up 3. Class Book - 9780194072618
Inglés 3º: Open Up 3. Activity Book - 9780194072373

Inglés de 4º de Primaria:

Open up 4.  Class Book.       Ed. OUP    ISBN. 9780194072885
Open up 4.  Activity Book.  Ed. OUP    ISBN. 9780194072694

 

Libros de texto por niveis educativos:

Libros 4º de Ed. Infantil Libros 5º de Ed. Infantil Libros 6º de Ed. Infantil
Libros 1º de Ed. Primaria Libros 2º de Ed. Primaria Libros 3º de Ed. Primaria
Libros 4º de Ed. Primaria Libros 5º de Ed. Primaria Libros 6º de Ed. Primaria

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2023/2024

 

No DOG de onte publicouse a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria  e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19.05.2023).

Beneficiarios: alumnos e alumnas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

PRAZO: desde hoxe 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023

** O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria non terá fondo libros o vindeiro curso escolar por formar parte de E-Dixgal (ao alumnado préstaselle un portátil para eses dous cursos escolares), pero si poderá solicitar axuda para material escolar.

Forma de presentación das solicitudes:
1.-Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  (no enlace de máis abaixo)
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
2.- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (Acceso a FondoLibros mais abaixo)
3.- Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo. O centro dispón dos citados anexos á disposición das familias.
** O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

Mais información nos seguintes enlaces:

Orde do 10 de maio no DOG

Preguntas frecuentes

Acceso á Sede Dixital da Xunta de Galicia

Acceso á aplicación FondoLibros

Anexos I e IIpara cubrir, imprimir e entregar no centro

Para calquera consulta poden dirixirse ao centro polos canais oficiais de comunicación:

Correo electrónico: ceip.maria.barbeito@edu.xunta.gal

Teléfono: 981262612

Horario de secretaría: de Luns a Venres de 9:00 h. ata 13:30 h.

                                Luns de 16:00 h. ata 18:00 h.

Distribuir contido


by Dr. Radut