Bolsas de Comedor Concello da Coruña 2022/23
No Boletín Oficial da Provincia do día 23 de febreiro de 2022 publicouse a convocatoria de Bolsas de Comedor para o vindeiro curso escolar 2022/23. O prazo de solicitudes será desde o 2 ata o 31 de marzo de 2022. Mais información na páxina web do Concello.