Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Renovación parcial membros do Consello Escolar

Eleccions consello escolar

 

O consello escolar dun centro público de educación infantil e primaria é un órgano colexiado que permite a participación de toda a comunidade educativa na xestión e control do centro. Está composto por representantes dos diferentes sectores da comunidade educativa, incluíndo:
- O director do centro, que actúa como presidente.
- A xefa de estudos.
- Un concelleiro ou representante do concello.
- Profesores elixidos polo claustro.
- Pais elixidos polos seus respectivos grupos.
- Un representante do ANPA
- Un representante do persoal de administración e servizos.
- A secretaria do centro, que actúa como secretaria do consello, con voz pero sen voto.
O consello escolar do ten varias funcións clave, que inclúen:
1. Aprobar e avaliar o proxecto educativo do centro, a programación xeral anual, a memoria e as normas de organización e funcionamento.
2. Participar na selección do director do centro.
3. Decidir sobre a admisión de alumnos, conforme á normativa vixente.
4. Aprobar o orzamento do centro e o seu balance.
5. Promover a convivencia no centro e resolver conflitos disciplinarios.
6. Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a igualdade e a non discriminación.

Cada dous anos son renovados os membros que compoñen este órgano. Corresponde este ano proceder á súa renovación parcial.

Desde o luns día 14 de outubro e ata o día 2 de decembro de 2024, día en que terá lugar ao nomeamento do novo consello, procederase á renovación parcial dos membros que o compoñen, seguindo a normativa vixente.

No taboleiro de anuncios do centro e nesta web terán cumprida información do proceso.

Pódese acceder ao calendario de actuacións no seguinte enlace:

CALENDARIO RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Reunións iniciais coas familias

Reunións iniciais do curso 2024/2025

Curso Data da reunión hora da reunión Lugar da reunión
4º Ed. Infantil 4/09/2024 12 h. Salón de actos/comedor
5º Ed. Infantil 10/09/2024 11 h. Nas aulas
6º Ed. Infantil 10/09/2024 12 h. Salón de actos/comedor
1º Ed. Primaria 5/09/2024 12 h. Salón de actos/comedor
2º Ed. Primaria 23/09/2024 16 h. Biblioteca do centro
3º Ed. Primaria 16/09/2024 16 h. Biblioteca do centro
4º Ed. Primaria 16/09/2024 16 h. Nas aulas
5º Ed. Primaria 16/09/2024 17 h. Nas aulas
6º Ed. Primaria 30/09/2024 16 h. Nas aulas

 

Material Escolar curso 2024/2025

 

Facendo clic nas seguintes imaxes accédese ao listaxe de materiais de aula para o curso escolar 2024/2025:

 

 Para acceder á listaxe de todos os cursos, facendo clic na seguinte imaxe:

                                             

Publicación de notas en abalar

Publicación de notas de Educación Infantil e Educación Primaria

As notas do alumnado do centro serán publicadas pola aplicación abalar o vindeiro xoves 27 de xuño ás 9 h.

Un cordial saúdo

 

Solicitude de praza de comedor

Solicitude de praza no comedor do centro

Desde o día 20 ata o 28 do mes de xuño (ambos inclusive), ábrese período de admisión ao comedor do centro xestionado pala ANPA Agarimo.

Os solicitantes deberán acceder á páxina da empresa Jardanay (www.jardanay.es) contratada pola ANPA e deberán adxuntar a documentación necesaria para xustificar os criterios de admisión que se relacionan na circular que se adxunta.

Mais información na circular da ANPA enviada ás familias o pasado día 19 de xuño pola aplicación Abalarmóbil.

Circular ANPA Agarimodedo clic

 

Libros de texto 2024/2025

Libros

Facendo clic na imaxe

 

AVISO IMPORTANTE:

Correxida a errata no caderno de inglés do alumnado de 5º de primaria ISBN: 978-0-19-407297-7

Fondo Solidario de Libros de Texto

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2024/2025

No día de Hoxe, 20 de maio de 2024 foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde de 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025 (Código de procedemento ED330B)

Acceso á orde

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación abrangue dende o 21 de maio ata o 21 de xuño ambos inclusive.

Instrucións

A presentación será preferentemente telemática tal e como se dispón na Orde seguindo os pasos que alí se indican.

As familias que desexen entregar a solicitude presencialmente poden facelo no horario habitual da secretaría:

De luns a venres de 9 a 13:30 h.

Os luns lectivos de 16 a 18 h.

Formularios e documentación

Os formularios pódense descargar na aplicación Fondolibros, nesta mesma páxina ou recollelos na secretaría.

a) Anexo I e II (entregar debidamente cubertos e asinados).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

c) En caso de separación o divorcio, ademais, deberán aportar la sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia. Informe dos servizos socias ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

En casos especias, nos que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde, aportarase un certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

d) Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

e) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

f) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres no se produza a revisión desta medida.

g) Resolución administrativa o xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela o garda da Xunta de Galicia.

h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos socias ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, en caso de que o pai, a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

i) Outra documentación que consideren necesaria.

Imaxe Cadro resumo das axudas Fondo Libros. Fonte: Admisión Alumnado

 

Anexos solicitude

Circular do centro

Enlace á Sede Dixital

Enlace á aplicación Fondo Libros

Manual de Usuario para os solicitantes

Fondo Libros Preguntas Frecuentes

 

 

 

Listaxe definitivo de admitidos e non admitidos Admisión 2024/2025

Con data de 15 de maio de 2014 faise pública no tablón de anuncios do centro a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos no proceso de admisión de Alumnado para o vindeiro curso escolar 2024/2025.

A formalización de matrícula será desde on 20 ao 30 de xuño de 2024 no horario habitual da secretaría (Luns a venres de 9 a 13:30 h.)

A documentación que deberán presentar e a seguinte:

- Impreso de matrícula cuberto (facilítase no centro)

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a

CONVOCATORIA DE BECAS PARA O ALUMNADO CON N.E.A.E CURSO 2024/2025

APERTURA DO PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BECAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO   CURSO 2024/2025

Prazo para presentar as solicitudes: do 30/04/24 ata o 13/09/24

As solicitudes tanto de axudas como de subsidios, deberan cumprimentarse mediante o formulario accesible na dirección:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2024-14197

ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección:

https://sede.educacion.gob.es

 

 

Listaxe provisional admitidos e non admitidos

Con data de 25 de abril de 2024 faise pública a listaxe provisional de admitidos e non admitidos no proceso de admisión de alumnado para o curso 2024/25.

As listaxes están expostas no taboleiro do centro, situado no edificio administrativo.

** O alumnado solicitante de 4º de educación infantil está admitido e deberá formalizar a matrícula no centro desde o 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut