4º Curso
Pontes sobre o río Lérez
Enviado por Coordinador T.I.C o Ven, 25/09/2009 - 14:10Como parte das actividades do Proxecto "Make a Wiz" o alumnado de 4º de Primaria durante o curso 2008-2009 fixo estas imaxes có programa Tuxpaint na aula de Informática. Identificáronse varios problemas nos arredores das pontes:
O BOTELLÓN
CONTAMINACIÓN DO RÍO
PARABÉNS!!!
Enviado por ramosgonzalez o Dom, 21/12/2008 - 08:35
Este fermoso debuxo realizado pola alumna Haymanot Rueda López de 4ºA foi escollido como fondo do diploma dos 515 alumnos dos 10 centros públicos da provincia que participaron no programa “Manexando a Interculturalidade “organizado polo concello, Concellaría de Benestar Social, Educación e Vivenda ,en colaboración coa Consellería e o Ministerio de Traballo e Inmigración.
A finalidade do concurso era fomentar os valores da integración e a tolerancia no ensino nos centros educativos.
Os alumnos/as dos colexios de Infantil participaron nun concurso de Debuxo, os de Primaria participaron nun concurso de Contos e, finalmente, os de Secundaria, nun concurso de Banda deseñada.
O xurado tamén acordou conceder diploma especial, na modalidade de Contos (alumnos de Primaria) a Hayma do noso cole polo traballo “Etiopía”.
Se queredes ver a noticia completa premede aquí.