Dependencias

A NOSA BIBLIOTECA

10/01/2017 09:31
Atlantic/Bermuda

A nosa biblioteca, principais recursos e servizos á comunidade educativa

A nosa biblioteca conta  cun espazo físico de aproximadamente 120m²,  cunha distribución flexible, o cal facilita a realización de actividades con grupos numerosos. Ao longo do curso a biblioteca é aproveitada para realizar actividades moi diversas: conta-contos, xincana literaria, exposicións, proxeccións relacionadas cos proxectos de traballo…,  tendo a posibilidade de traballar con máis dunha titoría ao mesmo tempo.

Procuramos ademais que a distribución dos espazos permita liberdade de movemento e o fácil acceso aos diferentes materiais. Para axudarnos nesta labor, todos os recunchos están sinalizados coas etiquetas correspondentes. As zonas que están funcionando actualmente son as seguintes:

1. Zona de información e atención ao usuario  onde contamos con 2 ordenadores co programa Meiga para xestionar o préstamo e outras accións de organización como son o rexistro e a catalogación. Nesta zona contamos actualmente cunha impresora-scaner de alta definición e dous lectores ópticos, o cal axiliza moitísimo as labores de xestión, e as tarefas de préstamo e devolución na hora do recreo.

2. Zona de traballo  con mesas axeitadas para o traballo en grupo e próxima a sección de bibliografía basicamente de consulta.

3. Zona de lectura relaxada  nela  realízanse actividades individuais de lectura e   contamos con dúas zonas diferenciadas, unha para os niveis infantís  e outra para nen@s de idade máis avanzada.

4. Zona de publicacións periódicas. As revistas, diarios e outras publicacións están colocadas en andeis que permitan unha fácil consulta.

5. Zona de informática e audiovisuais na que contamos con varios ordenadores con conexión a internet para uso dos rapaces e rapazas, con canón e pantalla conectados cun dos ordenadores,  os cales facilitan as actividades de presentacións, proxeccións… así como a existencia de altofalantes fixos que favorecen a boa calidade do son. Neste recuncho contamos tamén con fondos de temas culturais, documentais, películas… e outros recursos.

6. Zona de usos múltiples  na que se  realizan  as actividades de animación á lectura, expresión dramática. Coa ampliación da biblioteca contamos co espazo suficiente e as condicións precisas para o desenvolvemento de ditas actividades.

7. Zona de novidades con expositores axeitados para a colocación das novidades de xeito que queden visibles as portadas. Nesta zona tamén nos atopamos cunha caixa de correo na que habitualmente deixan suxestións de bibliografía, actividades e cartas a Piquín (a nosa mascota).

8. Zona de xogos con mesas, cadeiras  e andeis axeitados para o xogo de xadrez. Contamos con diversos taboleiros e lotes de xogo.

O contar cun  espazo amplo e diversificado, permite ademais a súa utilización para reunións do profesorado: coordinacións, avaliacións, claustros…  logrando así un achegamento dos mestres e mestras á biblioteca, tanto ao espazo como aos recursos existentes e novidades.

Na continua ampliación e renovación de fondos apostamos por materiais con calidade no contido, formato  e presentación,  esencialmente atractivos e axeitados ás diferentes idades do noso alumnado. Tamén temos en conta as suxestións e intereses tanto de alumnado como de profesorado, logrando manter a biblioteca ao longo do curso como lugar pracenteiro onde o alumnado acude de xeito moi regular. Investimos  naquelas seccións que consideramos máis necesitadas no momento, tanto de consulta como literarias, tentando equilibrar basicamente entre o galego e castelán.

Pretendemos que a nosa  biblioteca escolar sexa un espazo dinámico de recursos ao servizo da comunidade escolar, plenamente integrado nos proxectos educativo e curricular do centro e que fomente métodos activos de ensinanza e aprendizaxe. A biblioteca é o “lugar” idóneo para que o alumnado aprenda a utilizar os recursos que a sociedade da información pon ao seu alcance, adquira estratexias de busca e interpretación da mesma e se converta no protagonista do proceso de ensinaza-aprendizaxe.

Un dos obxectivos principais da biblioteca escolar é a formación de lectores polivalentes capaces de comprender e expresarse en calquera linguaxe (escrito, cinematográfico, musical, plástico...), que teñan a posibilidade de aprender por si mesmos calquera cousa que lles interese e de acceder a calquera ámbito da cultura que poida formar globalmente a súa personalidade.

Biblio1

AULA DE INFORMÁTICA

AULA DE INFORMÁTICA

O PATIO DO COLEXIO

O PATIO DO COLEXIO

XIMNASIO

XIMNASIO
Distribuir contido