Responder ó comentario

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º PREPARANSE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA "ESCOLAS VIAXEIRAS"

ESCOLAS    VIAXEIRAS                                          Convocatoria 2007-08

 

5º CURSO IRÁ NO MES DE OUTUBRO A EXTREMADURA PARA CONVIVIR DURANTE UNHA SEMANA CON NENOS E NENAS DE BARCELONA E DE MADRID DENTRO DO PROXECTO ESCOLAS VIAXEIRAS.

ANTEPROXECTO DE ACTIVIDADES:

- Elaborar mapas de España onde situar as diferentes Comunidades Autónomas.

- Traballar sobre a realidade de España como conxunto de rexións diferentes

- Situar no mapa a nosa Comunidade Autónoma e a Comunidade que irnos visitar, así como as dos Centros  cos que nos toque a convivencia.

-  Achegarse e reflexionar sobre o mapa lingüístico español como riqueza cultural.

- Buscar información en internet,  libros,  enciclopedias,  etc  sobre a Comunidade Autónoma a visitar.

- Estudiar : o seu relevo e paisaxe; a súa cultura, tradicións, gastronomía; a súa historia, persoeiros históricos importantes; os seus recursos naturais, industrias; os seus núcleos de poboación máis importantes: pobos, cidades, etc.

- Elaborar murais e carteis  con folletos turísticos, fotografías, etc, sobre a zonas a visitar.

- Expoñer oralmente ante os compañeiros doutros cursos a información elaborada nos apartados anteriores.

- Falar e consensuar no grupo sobre as normas de convivencia cos compañeiros con quen imos compartir esta actividade, e como debemos facer nunha viaxe longa coma a que estamos programando: medios de transporte, equipamento, cumprimento das normas,etc.

- Buscar formas de coñecer e respecta-la Natureza e o Medio Ambiente nos lugares que irnos coñecer.

- Reflexionar sobre a realidade da xeografía española afectada polo cambio climático que estamos vivindo. Adaptar estas reflexións a necesidade dun consumo responsable para que no planeta  consigamos un desenvolvemento sostible.

- Recoller en : diapositivas, fotografías, e animacións de PowerPoint, tódalas actividades e a elaboración de contidos que se fagan con motivo de ser Escola Viaxeira 

Dentro da nosa escola, estas actividades están relacionadas cos Temas Transversais: Educación para a paz e a convivencia, Respecto ó Medio Ambiente, Igualdade de Xéneros e Loita contra a Xenofobia. Tamén coinciden cos obxectivos contemplados en Coñecemento do Medio e Linguas (Lingua Galega e Lingua Castelán).

Responder