Normalización lingüística cursos anteriores
CURSO 2013-2014
Enviado por Anónimo o Mér, 06/11/2013 - 19:00Os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega dalles a benvida a este novo curso. Aquí seguiredes atopando información de todas e cada unha das novas do equipo, e a información relativa a todas as nosas actividades.
BENVIDOS DE NOVO!!!!!
BENVIDOS AO CURSO 2012-2013
Enviado por E.N.D.L o Dom, 09/09/2012 - 05:37Benvidos a Normalización deste novo curso!!
O ENDL do CEIP Vidal Portela constituímolo un grupo de profesores/as que programamos e levamos a cabo actividades e proxectos orientados a recuperar e potenciar distintos ámbitos de uso do noso idioma tanto a nivel ensino como nas relacións interpersonais.
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
é ese breve ronsel
que deixaremos nós.