Proceso
Aquí especificaremos aquilo que ten que facer o alumnado, cando deben facelo e como deben facelo.
Canto máis detallemos a descrición dos pasos a seguir, máis probabilidade de éxito terá o alumnado.
Procuraremos que os pasos a seguir estean ordenados cronolóxicamente. Se establecemos personaxes para a realización das tarefas, describiremos claramente os roles de cada un deles.
Neste apartado incluiremos os recursos a empregar e proporcionaremos as ferramentas e as axudas que se precisen en cada intre. Estes recursos serán:
- Atractivos.
- Actualizados.
- De calidade.
- Adecuados ao nivel dos nosos alumnos.
- No idioma de aprendizaxe.
É de utilidade facilitar guións ou cuestionarios en varios formatos para recoller información das ligazóns visitadas.
Cando traballemos con alumnado dos primeiros cursos de Ed. Primaria é aconsellable adaptar os contidos que ofrecen certas web para que sexan máis comprensibles e accesibles. Unha boa práctica sería actuar de "curador de contidos" colocando as nosas actuacións na web do centro cun tipo e tamaño de fonte adaptado ao alumnado ao que vai dirixido.