Plantilla de Webquest
Guía didáctica
Na guía didáctica reflictiremos polo menos os seguintes apartados:
Destinatarios
A webquest debe indicar claramente a que alumnado está dirixida a actividade a realizar.
Obxectivos
Especificaremos os obxectivos que se van a traballar ao longo da wq.
Contidos
Engadiremos os contidos que se traballan na realización das tarefas propostas na wq.
Competencias
Indicaremos que competencias clave se traballan na webquest.
Metodoloxía
Cando menos, faremos referencia aos seguintes aspectos metodolóxicos:
- Material.
- Software.
- Organización do espazo.
- Organización alumnado.
- Recursos educativos.
- Interrelacións con outras áreas curriculares.
Temporalización
Indicaremos as sesións que se precisan para realizar as tarefas propostas.
Avaliación
- O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
- O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.